Abrir o menú principal

Jesús Ares Otero, nado en Foz o 20 de novembro de 1933, é un ex-futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Jesús Ares Otero
Información persoal
Nacemento 20 de novembro de 1933
  Foz
Nacionalidade España
Posición centrocampista

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar profesionalmente no Racing de Ferrol. A finais de marzo de 1954 fichou polo Celta de Vigo ao igual que Blas Artime, tamén procedente do Racing.

Debutou co Celta o 4 de abril de 1954 en Valencia, porén sería o único encontro que disputou esa tempada. Pese a que as primeiras tempadas non xogou demasiado na 1956/57 consagrouse no centro do campo do equipo xunto a Che Gutiérrez, dirixido por Alejandro Scopelli.

Ao finalizar esa tempada foi traspasado ao Atlético de Madrid por un prezo de 1 250 000 pesetas, porén non tivo continuidade en Madrid, polo que fichou polo CD Málaga da Segunda División.

Véxase taménEditar