Jerónimo Rodríguez Villalba

futbolista paraguaio
(Redirección desde «Jerónimo Villalba»)

Jerónimo Rodríguez Villalba, nado en Asunción o 20 de xuño de 1954, é un exfutbolista paraguaio, que xogaba como centrocampista.

Villalba
Información persoal
Nome Jerónimo Rodríguez Villalba
Nacemento 20 de xuño de 1954
Lugar de nacemento Asunción
Altura 1,69 m.
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Hayes
Cruz Azul
1975–1977 Sevilla 12 (1)
1977–1978 Córdoba 14 (0)
1978–1981 Algeciras 85 (4)
1981–1983 AD Ceuta 30 (2)
1983–1989 Compostela 99+ (2+)
Adestrador
1990–1991 Sigüeiro
1991–1993 Cruces
1995–1996 Sigüeiro
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en 1954 en Asunción, capital de Paraguai, debutou aos 16 anos no Hayes, co que xogou na Primeira División de Paraguai.[1] Aos 20 anos, tras unha tempada no Cruz Azul mexicano, trasladouse a España, onde fichou polo Sevilla. Co equipo andaluz debutou na Primeira División da man do adestrador Roque Olsen, na sexta xornada da tempada 1975/76, contra o Granada en Los Cármenes. Nas súas dúas tempadas en Sevilla disputou un total de 12 partidos na máxima categoría e un na Copa do Xeneralísimo, marcando un gol en liga fronte ao Sporting de Gijón. Posteriormente xogou no Córdoba, no Algeciras e na AD Ceuta, antes de recalar en 1983 no Compostela.

Debutou co equipo santiagués na Segunda División B, nun partido contra o Huesca, e fíxose rapidamente coa titularidade. Militou durante seis anos no Compos, actuando como capitán nas últimas tempadas, ata a súa retirada en 1989.[1] Trala súa retirada continuou vivindo en Galicia, e adestrou varios equipos modestos, como o Sigüeiro e o Cruces.[2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "A Jerónimo Villalba ya le gusta más la lluvia de Santiago que el clima soleado de Paraguay". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 7 de marzo de 1991. p. 50. 
  2. "Villalba: «Somos superiores al Pazos»". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 14 de xullo de 1991. p. 56. 
  3. "Jerónimo Villalba será el entrenador del Cruces durante la próxima temporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 20 de xullo de 1991. p. 45. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar