Jeff Teague

baloncestista estadounidense

Jeffrey Demarco Teague, nado o 10 de xuño de 1988 en Indianápolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional. Foi seleccionado por primeira vez para o NBA All-Star na temporada 2014−15.

Jeff Teague
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 10 de xuño de 1988 (35 anos)
Indianápolis, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Información da carreira
Instituto Pike (Indianápolis)
Universidade Wake Forest (2007–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 19
Por Atlanta Hawks
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2009–2016)
Indiana Pacers (2016–2017)
Minnesota Timberwolves (2017–2020)
Atlanta Hawks (2020)
Boston Celtics (2020–2021)
Milwaukee Bucks (2021)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2015)

Traxectoria profesional editar

O 8 de abril de 2009, Teague anunciou a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2009. Foi elixido na 19ª posición polos Atlanta Hawks. O 20 de xullo de 2009, asinou o seu contrato de rookie cos Hawks.[1]

O 7 de xullo de 2016, Teague foi traspasado ós Indiana Pacers nun traspaso entre tres equipos.[2]

O 10 de xullo de 2017, Teague asinou un contrato por tres anos e 57 millóns de dólares cos Minnesota Timberwolves.[3]

O 16 de xaneiro de 2020, Teague foi traspasado xunto a Treveon Graham ós Atlanta Hawks, a cambio de Allen Crabbe.[4]

O 30 de novembro de 2020, Teague asinou cos Boston Celtics.[5] O 25 de marzo de 2021, Teague foi traspasado ós Orlando Magic xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Evan Fournier, pero foi cortado inmediatamente.[6]

O 1 de abril de 2021, Teague asinou cos Milwaukee Bucks.[7] O 20 de xullo de 2021, os Bucks derrotaron ós Phoenix Suns nas Finais da NBA de 2021, dándolle a Teague o seu primeira campionato da NBA.[8]

Notas editar

  1. "Hawks sign top draft choice Jeff Teague". accesswdun.com. 20 de xullo de 2009. Consultado o 2 de febreiro de 2016. 
  2. Pacers Acquire Teague, Young in Trades
  3. "Timberwolves sign All-Star guard Jeff Teague". NBA.com. 10 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  4. "Hawks Acquire Jeff Teague And Treveon Graham From Minnesota In Exchange For Allen Crabbe". NBA.com. 16 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  5. "Celtics Sign Jeff Teague, Tristan Thompson". Boston Celtics. 30 de novembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  6. "Magic Acquire Two Future Second Round Draft Picks From Boston In Exchange for Evan Fournier". NBA.com. Consultado o 2021-03-26. The Magic also acquired guard Jeff Teague in the deal, but he will not be reporting to the team. As a result, Orlando has also acquired a $17 million trade exception. 
  7. "Milwaukee Bucks Sign Jeff Teague". NBA.com. 1 de abril de 2021. Consultado o 1 de abril de 2021. 
  8. "Bucks' 50–year wait ends with title behind 50 from Giannis". ESPN.com. Associated Press. 20 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar