Evan Fournier

baloncestista francés

Evan Mehdi Fournier, nado o 29 de outubro de 1992 en Saint-Maurice (Val do Marne, Illa de Francia), é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).

Evan Fournier
Detroit Pistons – No. 31
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 29 de outubro de 1992 (31 anos)
Illa de Francia Saint-Maurice, Val do Marne
Nacionalidade Francia
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto INSEP (París, Francia)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Denver Nuggets
Carreira dende 2009
Historial de equipos
JSF Nanterre (2009–2010)
Poitiers Basket 86 (2010–2012)
Denver Nuggets (2012–2014)
Orlando Magic (2014–2021)
Boston Celtics (2021)
New York Knicks (2021–2024)
Detroit Pistons (2024–presente)

Traxectoria editar

No ano 2009, Fournier fichou polo JSF Nanterre da LNB Pro B para a tempada 2009-10. En 2010, fichou polo Poitiers Basket 86 da LNB Pro A, onde xogou as dúas seguintes tempadas. O 28 de xuño de 2012, Fournier foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Denver Nuggets. Disputou a Liga de Verán da NBA de 2012 cos Nuggets, onde xogou 5 partidos nos que acadou 14.8 puntos, 2.4 rebotes, 1.4 asistencias e 1.2 roubos de balón en 31.2 minutos por encontro.[1]

O 11 de xullo de 2012, asinou un contrato multianual cos Nuggets.[2] En 2013, xogou de novo a Liga de Verán cos Nuggets.[3] O 26 de xuño de 2014, Fournier foi traspasado, xunto ós dereitos do Draft de Roy Devyn Marble, ós Orlando Magic, a cambio de Arron Afflalo.[4]

O 25 de marzo de 2021, Fournier foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Jeff Teague e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[5]

O 17 de agosto de 2021, Fournier asinou cos New York Knicks.[6][7]

O 8 de febreiro de 2024, os Knicks traspasaron xunto a Ryan Arcidiacono, Malachi Flynn, Quentin Grimes e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Detroit Pistons, a cambio de Bojan Bogdanović e Alec Burks.[8]

Notas editar

  1. "2012 Summer League Statistics". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2014. 
  2. Denver Nuggets sign first-round draft pick Evan Fournier
  3. "2013 Summer League Statistics". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2014. 
  4. Magic Trade Afflalo; Acquire Fournier and Marble
  5. "Celtics Acquire Evan Fournier". NBA.com. Consultado o 2021-03-27. 
  6. "Knicks Acquire Evan Fournier". NBA.com. 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  7. "Celtics Finalize Sign-and-Trade Agreement with Knicks". NBA.com. 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021. 
  8. "DETROIT PISTONS ACQUIRE QUENTIN GRIMES, EVAN FOURNIER, MALACHI FLYNN, RYAN ARCIDIACONO, TWO FUTURE SECOND ROUND DRAFT PICKS AND CASH CONSIDERATIONS FROM NEW YORK". NBA.com. 8 de febreiro de 2024. Consultado o 8 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar