Jean-Ambroise Kindelan ou Jean de Kindelan, nado en Pontevedra o 7 de decembro de 1759 e finado en París o 13 de novembro de 1822[1], foi un xeneral español, de orixe irlandesa,[2] naturalizado francés da Revolución francesa e do Imperio.

Infotaula de personaJean de Kindelan
Biografía
Nacemento(es) Juan de Kindelán y O'Reagan Editar o valor em Wikidata
7 de decembro de 1759 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de novembro de 1822 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 43 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeEspaña e Francia Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerras napoleónicas Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Find a Grave: 44170999 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira tenente segundo do rexemento de infantaría de Irlanda en 1766, a continuación foi sub-tenente o 24 de outubro, de 1767, tenente axudante-maior o 9 de xullo de 1790, e tenente-coronel, o 28 de outubro de 1793. Foi nomeado coronel o 11 de xullo de 1794 no rexemento de infantaría Ultonia (Ulster), e brigadier de infantaría o 10 de decembro, de 1795.

Foi ascendido a xeneral de brigada o 5 de outubro de 1802, e asumiu a función de inspector xeral de toda a infantaría de liña estranxeira o 11 de febreiro de 1807, e ascendeu a comandante segundo do corpo de tropas españolas auxiliares para o Grande exército, no mes de maio de 1807. O 22 de xuño de 1808, foi nomeado oficial da Lexión de Honra,[3][4] e despois cabaleiro de Saint-Louis.

O 2 de maio de 1809, comandou o rexemento Xosé Napoleón organizado por el, a partir dun decreto de Napoleón do 13 de febreiro, e que consistiu nun rexemento de infantaría de tropas españolas ao servizo de Napoleón, co que participou nas campaña do Elba, Italia, Alemaña e Rusia.[5] Foi nomeado cabaleiro da real Orde de España en outubro de 1809, e foi elevado á categoría de tenente xeneral por Xosé Bonaparte o 14 de novembro de 1809.[6] Por Decreto do 18 de maio de 1812, entra ao servizo de Francia[4] e, posteriormente, o rexemento foi desarmado e disolto por mor dun decreto do 25 de novembro de 1813.[5]

O 28 de maio de 1812, foi nomeado xeneral de división ao servizo de Francia.[3] Naturalizado francés o 13 de marzo de 1816[7], retirouse o 7 de decembro de 1816. Morreu o 13 de novembro de 1822, en París e foi soterrado no cemiterio do Père-Lachaise.

Notas editar

  1. Fieffé, Eugène (1854). Histoire des troupes étrangères au service de France. Depuis leur origine jusqu'á nos jours. Tomo II (en francés). Paris: Librairie Militaire. Dumaine, Libraire-Éditeur de S.M. le Empereur. p. 144. 
  2. Godchot, Simon (1924). En Danemark: les espagnols du marquis de la Romana. Paris: A. Picard. p. 504. 
  3. 3,0 3,1 "Generals Who Served in the French Army during the Period 1789 - 1814: Keating to Krieg (en inglés)". Consultado o 28-06-2017. 
  4. 4,0 4,1 "Arquivos Nacionais Franceses. Base de Datos LEONORE". Consultado o 28-06-2017. 
  5. 5,0 5,1 Fieffé, Eugène (1854); op.cit. páx. 146
  6. "Les généraux français et étrangers ayant servis dans la Grande Armée (en francés)". Consultado o 28-06-2017. 
  7. "Bulletin des lois de la République franc̜aise, Volumen 2; Serie 7". Consultado o 28-06-2017. 

Véxase tamén editar