Javier Lojo

Político e xornalista galego
(Redirección desde «Javier Gómez Lojo»)

Javier Lojo, nado en Pontevedra en 1990, é un político, periodista e director de escena galego. Vive en Vigo.

Infotaula de personaJavier Lojo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Burgos
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Papeleta dos candidatos de UPyD ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Foi máximo responsable de UPYD en Galicia, posto e formación que deixou a comezos de 2018 por desacordos coa dirección nacional.[Cómpre referencia]

Traxectoria editar

Licenciouse en Comunicación pola Universidade de Burgos[Cómpre referencia] e está formado en dirección de escena e dramaturxia na ESAD de Galicia.[Cómpre clarificar] Ten realizado e colaborado en distintas actividades artísticas, como actor, director e produtor de teatro. Dende 2014 ata 2016 foi preside da Asociación de Estudantes de Arte Dramática de Galicia.

Como membro de Unión Progreso y Democracia, foi parte da lista ás municipais de 2015 en Vigo, onde figurou no número 7. A candidatura non obtivo concelleiros. Meses máis tarde presentouse ás primarias e resultou elixido cabeza de lista desta formación ás eleccións xerais de 2015 pola provincia de Pontevedra.[1][2][3][4][5]

Foi nomeado líder da formación en Galicia no 2017 tras formar parte da anterior dirección autonómica como responsable de Comunicación e de Acción Política. Dimitiu do seu cargo e abandonou o partido xunto con membros da directiva galega a comezos de 2018 tras mostrar desavinzas coa organización nacional.[Cómpre referencia]

Foi fundador e membro da dirección da revista cultural Punto Caótico e coordinador do Festival Internacional del Audiovisual Creando.

Como actor ten colaborado con compañías como La Fura dels Baus, La Cubana ou Cal y Canto Teatro entre outros.

Notas editar

  1. "Javier Lojo, cabeza de lista de UPyD al Congreso por Pontevedra". Diario de Pontevedra. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 2016-08-31. 
  2. Adiante Galicia. "Javier Lojo:"Hay más que un motivo para votar a UPYD" | Entrevistas | Adiante Galicia". Adiante Galicia. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-31. 
  3. "Carta doutro «candidato marica» a Carlos Callón". Opinión, La Voz de Galicia (en castelán). 2015-11-27. Consultado o 2016-08-31. 
  4. "“Las propuestas de UPyD están más vivas que nunca, que no nos den por muertos”". Atlántico Diario. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 2016-08-31. 
  5. Díaz, María (17 de novembro de 2015). "Javier Lojo se confirma como candidato al Congreso en Pontevedra por UPyD". Cadena SER (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2016. Consultado o 2016-08-31.