Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

centro público superior de ensinanzas artísticas, con sede en Vigo
(Redirixido desde "ESAD de Galicia")

Coordenadas: 42°12′31.71″N 8°45′33.78″O / 42.2088083, -8.7593833

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.JPG
Edificio sede da ESADg.
Universidade:
Localización: Vigo
Campus:
Enderezo: Poza Cabalo, s/n 36212, Vigo
Ano de fundación:
Decano: Manuel Vieites García (director)[1]
Docentes:
Estudantes:
Teléfono: 986137024
E-mail:
Páxina web:

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) é un centro superior de ensinanzas artísticas de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ofrece as titulacións propias dos estudos superiores de arte dramática nas especialidades de Interpretación, Escenografía, Dirección escénica e Dramaturxia. Ten a súa sede na rúa Poza Cabalo de Navia, Vigo.

HistoriaEditar

Existen numerosas escolas teatrais de ámbito galego que precederan á creación de ESADg. Entre elas, cabería destacar a Escola Rexional Galega de Declamación (1903), o Conservatorio Nazonal de Arte Galego (1919), a Escola Dramática Galega (1922) e, máis recentemente, a Escola Dramática Galega de 1978.[2]

A ESAD de Galicia foi inaugurada de xeito oficial en xuño de 2005 e rematou por recibir a actual denominación a comezos de 2006. En setembro de 2005 comezaron as actividades lectivas coa apertura dos itinerarios de Interpretación Textual e de Dirección escénica. A estes percorridos engadiuse o de Dramaturxia en 2008 e o de Escenografía en 2009. A adaptación dos estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior produciuse en 2010 e dous anos despois, en 2012, incorporouse o itinerario de Interpretación Xestual á oferta educativa do centro.

EnsinanzasEditar

A ESAD de Galicia ofrece o Título Superior de Arte Dramática (equivalente para todos os efectos á titulación de Grao universitario), nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía, e Interpretación, tanto Textual como Xestual.

NotasEditar

  1. https://esadgalicia.com/escola/organigrama/ Organigrama da escola
  2. F. Vieites, Manuel (2018). "A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no sistema teatral galego. Ferramentas para unha análise". Galicia 21. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar