Abrir o menú principal

Javier Couso Permuy, nado en Ferrol en 1968, é un xornalista, activista social e político galego, irmán de José Couso.

Javier Couso
(Javier Couso) Acto con Javier Couso sobre las Elecciones Europeas en Moralzarzal. IMG 5544 (cropped).jpg
Nacemento8 de novembro de 1968
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e baterista
IrmánsJosé Couso Permuy
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formado como técnico de son na Escola de RTVE (1988-1989), traballou como axudante de cámara co seu irmán José. Diplomouse como xornalista audiovisual na Escola Internacional de Xornanismo José Martí (2008). Colaborador con diversos movementos sociais desde a década de 1980 tras a morte en Bagdad do seu irmán por militares norteamericanos en 2003 encabezou un movemento contra a impunidade, exemplarizada no caso do seu irmán, denominado "Asociación Hermanos, Amigos y Compañeros de José Couso" que logrou que o caso de José Couso sexa o único aberto no mundo que investiga por un delito de crime de guerra a oficiais e xefes do exército estadounidense. Nos Estados Unidos participou en programas de radio e televisión difundindo o caso do seu irmán da man da xornalista Amy Goodman de Democracy Now. Colaborou como analista nas canles de televisión TeleSUR, Hispan TV, RT e Tele K mais en Público ou La Marea. Militante de Izquierda Unida preséntase por esta formación para as eleccións europeas de 2014 no sétimo posto.