Abrir o menú principal

Jason Alan Kapono, nado o 4 de febreiro de 1981 en Long Beach, California, é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense. Foi o primeiro xogador na historia da National Basketball Association (NBA) en ser o líder en porcentaxe de anotación de triplas dúas tempadas consecutivas. Gañou o campionato da NBA nunha ocasión, cos Miami Heat en 2006.

Jason Kapono
Jason Kapono with Miami.jpg
Ala
Información persoal
Nacemento 4 de febreiro de 1981 (38 anos)
Flag of California.svg Long Beach, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Artesia (Lakewood, California)
Universidade UCLA (1999–2003)
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 31

Por Cleveland Cavaliers

Carreira 2003–2013
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2003–2004)
Charlotte Bobcats (2004–2005)
Miami Heat (2005–2007)
Toronto Raptors (2007–2009)
Philadelphia 76ers (2009–2011)
Los Angeles Lakers (2011–2012)
Panathinaikos (2012–2013)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2006)
2× Campión Concurso Triplas NBA (2007, 2008)

Traxectoria profesionalEditar

Kapono foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Tras participar en 41 partidos cos Cavaliers na súa tempada de rookie, foi elixido polos Charlotte Bobcats no draft de expansión de 2004. En 2005 asinou cos Miami Heat, equipo co que gañaría o seu único anel de campión da NBA, na tempada 2005-06.

O 9 de xuño de 2009, Kapono foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Reggie Evans.[1]

O 9 de decembro de 2011, Kapono asinou cos Los Angeles Lakers.[2] O 15 de marzo de 2012, Kapono foi traspasado xunto a Luke Walton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012 ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Ramon Sessions e Christian Eyenga.[3] Dous días despois foi cortado polos Cavs.[4]

O 15 de novembro de 2012, Kapono asinou co Panathinaikos BC grego.[5]

NotasEditar

  1. Philadelphia 76ers Acquire Forward Jason Kapono From Toronto, NBA.com, 9 de xuño de 2009.
  2. Lakers sign Kapono
  3. "Cavaliers Acquire 2012 First Round Pick, Kapono, Walton and Right To Swap 2013 First Round Picks From Lakers". NBA.com. 15 de marzo de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012. 
  4. "Cavaliers Announce Player Transactions". NBA.com. 17 de marzo de 2012. Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  5. "PANATHINAIKOS lands shooter Jason Kapono". euroleague.net. 15 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. 

Véxase taménEditar