Jan Veselý

baloncestista checo

Jan Veselý, nado o 24 de abril de 1990 en Ostrava, Moravia-Silesia, é un xogador checo de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Jan Veselý
FC Barcelona  – No. 6
Información persoal
Nacemento 24 de abril de 1990 (33 anos)
República Checa Ostrava, Checoslovaquia
Nacionalidade República Checa República Checa
Altura 2,10 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 110 kg (242 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por Washington Wizards
Carreira 2007−presente
Historial de equipos
Geoplin Slovan (2007–2008)
Partizan (2008–2011)
Washington Wizards (2011–2014)
Denver Nuggets (2014)
Fenerbahçe (2014–2022)
Barcelona (2022–presente)
Premios e galardóns
Euroliga (2019)
ABA Liga (2009–2011)
Liga de Serbia (2009–2011)
3× Copa de Serbia (2009–2011)
Liga de Turquía (2016–2018, 2022)
Copa de Turquía (2016, 2019, 2020)
MVP da Euroliga (2017)

Traxectoria editar

Europa editar

Veselý comezou xogando nas categorías inferiores do Příbor e do BK Snakes Ostrava na República Checa. Fichou polo Geoplin Slovan en 2007. En 2008, foise ao Partizan de Belgrado, onde gañou nove trofeos,[1] e chegou á Final Four da Euroliga na tempada 2009-10. En 2010, déronlle o galardón da FIBA ao mellor xogador xove do ano en Europa.

NBA editar

Veselý foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Washington Wizards.[2] O 9 de abril de 2012, conseguiu o primeiro dobre-dobre da súa carreira, rematando o partido con 11 puntos e 11 rebotes na vitoria contra os Charlotte Bobcats. Na súa primeira tempada na NBA, Veselý acadou 4.7 puntos e 4.4 rebotes en 18.9 minutos por partido.

O 20 de febreiro de 2014, Veselý foi traspasado ós Denver Nuggets nun traspaso entre tres equipos.[3]

Volta a Europa editar

O 5 de agosto de 2014, Veselý asinou un contrato de dous anos co Fenerbahçe Ülker,[4] club onde finalmente permanece até 2022. Co club turco consegue ser campión da Euroliga en 2019 e MVP da competición en 2017. En 2022 asina polo FC Barcelona da Liga ACB.

Notas editar

  1. Mondo: Pitajte Jana Veselog (10 de xuño de 2011)
  2. "Irving goes No. 1 to Cleveland". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 31 de maio de 2012. 
  3. Denver Nuggets Acquire Jan Vesely From Washington
  4. "Fenerbahce Ulker lands high flier Vesely". Euroleague.net. 5 de agosto de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar