Jan Baptista van Helmont
Jan Baptiste van Helmont , bautizado como Johannes Baptist Van Helmont,[1] nado en Bruxelas o 12 de xaneiro de 1579 e finado en Vilvoorde o 25 de decembro de 1644, foi un químico, físico, alquimista, médico, e fisiólogo flamengo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1577 (Gregoriano) Bruxelas, Bélxica |
Morte | 30 de decembro de 1644 (66/67 anos) Vilvoorde, Bélxica (pt) |
Educación | Old University of Leuven (en) Universidade Católica de Louvain |
Director de tese | Martin Delrio e Adam Haslmayr (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química, Fisioloxía, medicina, alquimia, ciencias naturais e filosofía |
Ocupación | químico, médico, científico, escritor, fisiólogo, médico escritor, filósofo, físico, alquimista |
Familia | |
Fillos | Francisco Mercúrio van Helmont |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) |
Traxectoria
editarProcedente dunha familia nobre de Bruxelas, educouse en Lovaina, amosando interese por unha gran variedade de disciplinas científicas, como a medicina, na que obtivo o doutoramento en 1599. Viaxou a Suíza, Italia, Francia e Inglaterra, volvendo posteriormente á súa terra, onde casou, establecéndose en 1609 en Vilvoorde, Bruxelas, e a partir de entón centrou os seus estudos exclusivamente nos campos da química e a medicina, até a súa morte, acaecida en 1644.
En parte, coñécese polos seus experimentos sobre o crecemento das plantas, o que lle permitiu recoñecer a existencia de gases discretos. Identificou os compostos químicos que hoxe chamamos dióxido de carbono e óxido de nitróxeno, sendo o primeiro científico que diferenciou entre os conceptos de gas e aire.
Foi pioneiro na experimentación, e nunha forma primitiva de bioquímica, chamada daquela iatroquímica. Tamén foi o primeiro en aplicar principios químicos nas súas investigacións sobre a dixestión e a nutrición para o estudo de problemas fisiolóxicos. Por isto se lle recoñece como o "pai da bioquímica".
Entre os seus numerosos experimentos relacionados coa química, observou que en certas reaccións liberábase un fluído aéreo, e así demostrou que existía un novo tipo de substancias con propiedades físicas particulares, ás que denominou gases, (do grego χάος, cháos).
Van Helmont consideraba o aire e a auga como os elementos básicos do universo, e a esta última como o principal constituínte da materia. Cre a súa hipótese probada cando ao cultivar unha árbore cunha cantidade medida de terra (especificamente un salgueiro chorón), e engadindo unicamente auga durante un período de cinco anos, a árbore aumentara a súa masa en 75 kg, mentres que a terra diminuíra a súa en tan só 500 g. Supuxo, erroneamente, que a árbore gañara masa só pola auga que absorbera, sobre todo a das chuvias.
Sostiña tamén a teoría da chamada xeración espontánea, e sobre esta postura é moi coñecida a súa receita para a creación de ratos: Basta colocar roupa sucia nun tonel, que conteña ademais uns poucos grans de trigo, e ao cabo de 21 días aparecerán ratos. Por suposto, os ratos resultantes non se creaban, senón que, simplemente, chegaban ao tonel.
Aínda que con inclinacións místicas e crente na pedra filosofal, foi un observador coidadoso e un experimentador exacto. Pode considerarse como un representante sincrético da alquimia e a química.
Retrato descuberto
editarEn 2003, a historiadora Lisa Jardine suxeriu que un retrato recentemente descuberto representaba a Robert Hooke. Porén, a hipótese de Jardine desmentiuna William Jensen, da Universidade de Cincinnati[2] e tamén o investigador alemán Andreas Pechtl da Universidade de Maguncia Johannes Gutenberg. O retrato, de feito, representa a Jan Baptista van Helmont.
Obra
editar- 1621. De magnetica vulnerum curatione. Disputatio, contra opinionem d. Ioan. Roberti (...) in brevi sua anatome sub censurae specie exaratam. Publicado en París
- 1642. Febrium doctrina inaudita, Antverpiae. Anveres
- 1644. Opuscula medica inaudit
- 1648. Ortus medicinae,[3] id est Initia physicae inaudita, o que quere dicir en latín inicios da física (isto é, da medicina) inaudita.
- 1670. Œuvre physique et médecine, traducido ao francés por Jean le Conte, Lión
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Redgrove, I.M.L.; Redgrove, H. Stanley. 2003. Joannes Baptista van Helmont: Alchemist, Physician and Philosopher, Kessinger Publ.
- Pagel, Walter. 2002. Joan Baptista van Helmont: Reformer of Science and Medicine, Cambridge University Press.
- O príncipe e erudito moldaviano Dimitrie Cantemir, escribiu unha biografía de Helmont, difícil agora de achar. E foi citado en Debus (2002)[4] nas pp. 311 e 312, como Cantemir (1709).[5] Debus refírese á suxestión do seu colega William H. McNeill e cita a Badary (1964),[6] pp. 394–410 para máis información. Debus logo remarcará que a obra de Cantemir contén só unha paráfrase e unha selección de "Ortus Medicinae", pero puxo os puntos de vista de Van Helmont a disposición da Europa do Leste.
- Nature 433, 197. 20 de xaneiro de 2005. doi:10.1038/433197a; publicado online o 19 de xaneiro de 2005.
- Eugene M. Klaaren, Religious Origins of Modern Science, Eerdmans, 1977, ISBN 0-8028-1683-5, 244 pp.
- Claus Bernet. Jan Baptist van Helmont. En: Biographisch-Bibliographisches Kirchenlexikon (BBKL). Vol. 25, Nordhausen 2005, ISBN 3-88309-332-7, pp. 597–621 (en alemán)
- Steffen Ducheyne. Johannes Baptista Van Helmonts Experimentele Aanpak: Een Poging tot Omschrijving. En: Gewina, Tijdschrift voor de Geschiedenis der Geneeskunde, Natuurwetenschappen, Wiskunde en Techniek, 1, vol. 30, 2007, pp. 11–25. (en neerlandés)
- Steffen Ducheyne, Joan Baptiste Van Helmont and the Question of Experimental Modernism, Physis: Rivista Internazionale di Storia della Scienza, vol.43, 2005, pp. 305–332
- Claus Bernet. Franciscus Mercurius van Helmont, in: Biographisch-bibliographisches Kirchenlexikon, 25, 2005, 586-597, online: http://www.bautz.de/bbkl/h/helmont_f_m.shtml
Notas
editar- ↑ "Nome de van Helmont.". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2008. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.
- ↑ William B. Jensen, A previously unrecognized portrait of Joan Baptista van Helmont (1579–1644), Ambix, 51:3, 263–268, novembro de 2004. (Reempreso, visto o 9 de xaneiro de 2010).
- ↑ Ortus medicinae significa en latín Orixe da medicina
- ↑ Debus, Allen G. 2002. The Chemical Philosophy: Paracelsian science and medicine in the sixteenth and seventeenth centuries. Courier Dover Publications, 609 pp.
- ↑ Catemir, Dimitri (Demetrius). 1709. Ioannis Baptistae Van Helmont physices universalis doctrine et christianae fidei congrua et necessaria philosophia. Wallachia.
- ↑ Badaru, Dan. 1964. Filozofia lui Dilmitrie Cantemir. Editura Academici Republicii Populare Romine, Bucharest.