Jacobo Gaspar Grandal

compositor e profesor galego

Jacobo Gaspar Grandal, nado en Mos en 1975, é un compositor musical e profesor galego.

Jacobo Gaspar Grandal
Nacemento1975
Lugar de nacementoMos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupacióncompositor e catedrático
Na rede
https://jacobogaspar.com/galego/
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Jacobo Gaspar é titulado superior en composición polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e realizou estudos de posgrao en composición no Conservatorio Superior de Música de Aragón con José Manuel López López. Doutorouse en musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Ademais é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo.

Desde 2007 é profesor do Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Como compositor, a súa obra parte da modernidade e do novo paradigma que esta define, no que se reformula a relación son-música, algo do que se deriva unha expansión dos medios e das técnicas instrumentais, novas liñas de traballo cos intérpretes e unha concepción da escoita dirixida a ensanchar a experiencia perceptiva.

Premios editar

Recibiu importantes premios como:

  • Primeiro Premio “Xavier Montsalvatge” no XX Premio Jóvenes Compositores Fundación Autor – CDMC (Madrid, 2009)[1].
  • Primeiro Premio na “VI International Jurgenson Competition for Young Composers” (Moscova, 2011)[2].
  • “Special Prize” e o “Audience Prize” no “Isang Yun Internacional Competition Price 2013” (Seúl, Corea do Sur)[3].
  • Mención de Honra no Premio “Valentino Bucchi-Parco della música” (Roma, 2014)[4].
  • Segundo Premio no “8º Concurso Internacional de Composición da Póvoa de Varzim” (Portugal, 2015)[5].

Obras editar

Comp. Título Ano Formación Duración Estrea Galardón Editado
Orquestra Ars Umbrae 2012-13 Para orquestra (2.2.1B Cl .2 – 2.2.2.1 – 2 – arp – pno – cordas) 12' Ewha Philarmonic Orchestra; dir, Ki-Sun Sung.

Seúl, Seoul Arts Center, Concert Hall, 28-IX-2013

“Special Prize” e o “Audience Prize” no “Isang Yun Internacional Competition Price 2013” Ed:BabelScores[6].
Via Láctea. Haiku espiral 2017 Para orquestra [3(1.2. alf/pic). 2+1.2+1.2+1 – 4.3.3.0 – tmp+2perc – arp - corda] 4' Encargo da Real Filharmonía de Galicia.

Real Filharmonía de Galicia. Paul Daniel, dir. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018

Cámara Trío 2002-2003 Para clarinete, violín e violonchelo
Duos-12 II 2004 Para clarinete e piano 1’30’’ Paula Castro, cl; Pablo Rgez, pno. Vigo, Auditorio Martín Codax, xuño de 2004
Hedras
  1. "Liñas"
  2. "Puntos"
2005 Para frauta, clarinete e fagot 7’30’’ Zortziko binario. Gondomar, I Xornadas de Música Clásica Contemporánea, 27 de xullo de 2005
A cor das sombras 2005 Para dous pianos 7'
Papeis dun diario de a bordo:
  1. "A fragata vella"
  2. "Os cóbados no barandal"
  3. "Garda de 12 a 4"
  4. "Recalada"
  5. "A estrela descoñecida"
  6. "Descoberta"
2007 Para frauta, percusión, piano,violín e violonchelo. 26' Grupo instrumental do Taller de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Vigo, auditorio Martín Codax, 26-III-2007.

Ámbar 2009 Para ensemble (fl, cl, fg, perc, pno, vl, vla, vc) 9' Sax Ensemble; dir, José Luis Temes. Madrid. Auditorio 400, MNCA Reina Sofía. 29 de setembro de 2009 Primeiro premio “Xavier Montsalvatge”, XX Premio Jóvenes Compositores Fundación Autor – CDMC 2009 Ed: Babel Scores
Metamorfoses da luz 2010 Para saxofón alto e cuarteto de corda 10' Pablo Coello, sax; Cuarteto de cordas de Matosinhos. Santiago de Compostela, CGAC, 12 de abril do 2011 Ed: Babel Scores
Ámbar (versión II) 2010 Para ensemble ( fl, cl, sax bar, perc pno, vl, vla, vc)   9' Versión escrita para Ensemble de saxofóns.

Ensemble de saxos. Dir: Riccardo Ceni. Madrid, Auditorio Nacional da Música -Sala de Cámara-, 18 de decembro de 2010

Metamorphoseon 2011 Para cuarteto de corda 9'30'' Studio for New Music Ensemble. Moscova, Rachmaninov hall of the Moscuw Tchaikovsky Conservatory, 6 de setembro de 2011 Primeiro premio en “The Sixth International Jurgenson Competition for Young Composers”. Ed: Babel Scores
Sombras de inverno 2012 Para saxofón (barítono, soprano), percusión, piano e contrabaixo. 9' Comisionado por Vertixe Sonora Ensemble.

Vertixe Sonora Ensemble, Santiago de Compostela, CGAC, 27 de novembro de 2012

Sombras de inverno II 2012 - 2013 Para saxofón (barítono, soprano), percusión, piano, violonchelo e electrónica. 10' RIM (Réaisateur en informatique musicale): Ángel Faraldo.

Comisionado por Vertixe Sonora Ensemble.

Vertixe Sonora Ensemble. Madrid, III Festival SON, Casa de las Alhajas, 15 de febreiro de 2013

Ed: Babel Scores
Rumor líquido 2013 - 2014 Para frauta, clarinete baixo, percusión, piano, violín e violonchelo 10' PMCE (Parco della Musica Contemporanea Ensemble). Dir, Tonino Battista. Roma, Auditorium Parco della Musica, Teatro Studio, 16 de maio de 2014 Mención de Honra no “36º Concorso Intenazionale de Composizione “Valentino Bucchi – Parco della Musica”. Ed: Babel Scores
Luz-non luz 2016 Para ensemble (fl,bar sax, tpa, perc, guit elec, pno, acc, vl, vc, cb). 12' Vertixe Sonora Ensemble. Ramón Souto, cond. IV Festival de Creación Contemporánea. Auditorio Municipal do Concello, Vigo. 19 de novembro de 2016
Fragmentos líquidos 2017 Para clarinete en Sib, violín e piano 10' Volutas Ensemble. II Festival Nas Ondas, Auditorio Martín Codax, Conservatorio Superior de Música de Vigo. 20 de abril de 2017.
Figuras con sólidos e liquedos 2017 Para cuarteto de saxsofóns (S, A, T Bar) 12' Comisionado por CNDM (Centro Nacional de Difusión Musical).

Sigma Project. Xornadas de Música Contemporánea. University Church, Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

Solo 5 Pezas 2003 Para piano Ed: Dos Acordes 2004
Barthokiada 2003 Para piano Ed: Dos Acordes 2004
Ou04
  1. "O berro das pedras"
  2. "Como unha insua"
2004, rev. 2007-08 Para piano 6' 30'' Víctor Camacho, pno. Pontevedra, Auditorio do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, 2 de decembro de 2005.
Rumor de frío 2013 Para percusión 9' Comisionado por Diego Ventoso.

Diego Ventoso, percusión. Lugo, Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes. III Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI, 28 de abril de 2015.

Rumor de frío II 2016 Para saxofón barítono 7' 30'' Encargo de Rafael Yebra

Rafael Yebra, sax. University of Macedonia, University Concert Hall. Tessaloniki, Grecia, 13 de abril de 2016

Partita / Libro de escoitas I 2018 Violonchelo 22' Encarga de Thomas Piel (Vertixe Sonora Ensemble)

Thomas Piel, violonchelo. Kunst-Station Sankt Peter Köln, Cologne, 1 de setembro de 2018.

Voz Ourentándose ao esquecemento 2008 Para soprano e piano 7' 30'' Texto de Manuel Antonio.

Pilar Jurado, sopr; Sebastián Mariné, pno. Vilafranca do Bierzo, igrexa de San Francisco, 26-agosto-2008

Obra seleccionada do XXIV Curso Internacional de Composición de Vilafranca do Bierzo. 2008 Ed: Babel Scores.
Sós 2015 Para barítono e piano 9' Texto de Manuel Antonio.

André Baleiro, bar; João Paulo Santos, pno. Póvoa de Varzim, Auditório Municipal, 21-xullo-2015.

Segundo premio no “8º Concurso Internacional de Composiçao da Póvoa de Varzim” Ed: AVA Musical Editions[7].

Notas editar

  1. "El mosense Jacobo Gaspar Grandal gana el premio Jóvenes Compositores". La Voz de Galicia. Consultado o 08-10-2020. 
  2. "The International Jurgenson Competition for Young Composers". Studio New Music Ensemble. Consultado o 08-10-2020. 
  3. "Isang Yun International Competition Prize 2013". Koreaherald. Consultado o 08-10-2020. 
  4. "36th composition contest Valentino Bucchi in Rome". Universal Edition. Arquivado dende o orixinal o 15-10-2020. Consultado o 08-10-2020. 
  5. "8º Concurso Internacional de Composiçao". Póvoa de Varzim. Consultado o 08-10-2020. 
  6. "BabelScores". BabelScores. Consultado o 08-10-2020. 
  7. "AVA Musical Editions". AVA Musical Editions. Consultado o 08-10-2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar