Jack Roosevelt Robinson, nado en Cairo, Xeorxia (Estados Unidos) o 31 de xaneiro de 1919 e finado en Stamford, Connecticut o 24 de outubro de 1972, foi un xogador de béisbol profesional. Foi o primeiro xogador afroamericano en xogar na era moderna das Ligas Maiores de Béisbol (MLB). Robinson rompeu a barreira da cor do béisbol cando os Brooklyn Dodgers o colocaron como xogador titular na primeira base o 15 de abril de 1947. Cando os Dodgers asinaron a Robinson, anuncairon a fin da segregación racial no béisbol profesional que relegaba desde 1880 aos xogadores de cor ás Ligas Negras. Robinson foi seleccionado para o Salón da Fama do Béisbol en 1962.[1]

Jackie Robinson
Segunda base
Nado: 31 de xaneiro de 1919
Cairo, Estados Unidos
Morto: 24 de outubro de 1972 (53 anos)
Stamford, Estados Unidos
Bateaba: Destro Lanzaba: Destro
Debut MLB
15 de abril, 1947, para Brooklyn Dodgers
Última aparación MLB
10 de outubro, 1956, para Brooklyn Dodgers
Estatísticas MLB
Media de bateo.311
Home runs137
Carreiras impulsadas734
Equipos
Negro leagues

Major League Baseball

Premios e galardóns
  • All-Star (1949–1954)
  • Campión das Series Mundiais (1955)
  • MVP da NL (1949)
  • Rookie do Ano da MLB (1947)
  • Campión da bateo da NL (1949)
  • 2× Líder en bases roubadas NL (1947, 1949)
  • #42 Retirado polos Los Angeles Dodgers
  • #42 Retirado por todos os equipos da MLB
  • Equipo ideal do século da MLB
Member of the National
Baseball Hall of Fame
Inclusión1962
Voto77,5% (1ª votación)

Robinson tivo unha destacábel carreira de dez anos na MLB. No seu primeiro ano, 1947, recibiu o primeiro trofeo da historia outorgado ao mellor novato da MLB. Posteriormente, foi escollido seis temporadas consecutivas para xogar o Partido das Estrelas (1949–1954) e gañou o trofeo ao Xogador máis Valioso (MVP) da Liga Nacional, sendo o primeiro xogador de cor en conseguilo.[2] A nivel colectivo, participou cos Dodgers en seis Series Mundiais, contribiuíndo á vitoria na edición de 1955. En 1997, a MLB decidiu retirar o seu dorsal 42 para todos os equipos, sendo o primeiro atleta profesional en calquera deporte en recibir esa honra. Ademais, a MLB adoptou a tradición de celebrar cada ano o "Día de Jackie Robinson", no cal todos os xogadores de todos os equipos levan o dorsal 42.

O carácter de Robinson, o seu uso da non-violencia e o seu incuestionábel talento desafiaron as bases tradicionais da segregación que marcaba moitos outros aspectos da vida estadounidense. Influíu na cultura e contribuíu significativamente ao movemento polos dereitos civís.[3][4] Robinson foi tamén o primeiro analista de televisión negro na MLB e o primeiro vicepresidente negro dunha gran corporación estadounidense, Chock full o'Nuts.

Jackie Robinson nun dólar conmemorativo do seu 50 aniversario como xogador (1997)

Na década de 1960, axudou a establecer o Freedom National Bank, unha institución financeira de propiedade afroamericana con sede en Harlem, Nova York. Despois da súa morte en 1972, en recoñecemento aos seus logros dentro e fóra do campo, Robinson recibiu postumamente a Medalla de Ouro do Congreso e a Medalla Presidencial da Liberdade.

Notas editar

  1. "National Baseball Hall of Fame, Jackie Robinson". National Baseball Hall of Fame. 
  2. "Jackie Robinson statistics and history". Baseball-Reference.com. 
  3. Glasser, Ira (2003). "Branch Rickey and Jackie Robinson: precursors of the civil rights movement". World & I 18 (3): 257–273. 
  4. Hill, Justice B. (15 de abril de 2008). "One meeting, two men, a changed world". MLB.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 10 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar