Jacinto Caldera Manzano

Leoncio Jacinto Caldera Manzano, nado na provincia de Salamanca, foi un mestre e político residente en Galicia.

Jacinto Caldera Manzano
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Salamanca.[1] Colaborou en El Adelanto de Salamanca.[2][3] Foi mestre en Gata (Cáceres) en 1926. En agosto de 1927 foi destinado a Vilar (Millarada).[4] Fundou en Forcarei a revista literaria Alborear con Virxilio Blanco, da que foi director-administrador. Foi presidente da sociedade agraria de Millarada. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo, foi nomeado delegado da FETE en Forcarei en marzo de 1934.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado entre outras causas porque tralas elecións de febreiro de 1936 criticou a un mestre-cura en Meaño. Depurado, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo durante dous meses e traslado de escola dentro da provincia en febreiro de 1938.[6] Como consecuencia foi trasladado á escola de Escuadro en marzo.[7] Solicitada a revisión do seu expediente de depuración resolveuse deixando sen efecto a orde pola que foi sancionado e finalmente só foi inhabilitado para cargos públicos e de confianza.[8]

NotasEditar

  1. El Salmantino, 3-6-1914, p. 2.
  2. El Adelanto, 29-1-1926, p. 1.
  3. El Adelanto, 9-4-1926, p. 1.
  4. El Noticiero Gallego, 4-8-1927, p. 2.
  5. El Noticiero Gallego, 18-3-1934, p. 3.
  6. El Noticiero Gallego, 4-2-1938, p. 3.
  7. El Pueblo Gallego, 3-3-1938, p. 6.
  8. El Pueblo Gallego, 30-7-1942, p. 5.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar