Alborear

Alborear foi un periódico editado en Forcarei en 1931.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Revista quincenal literaria e independiente, apareceu en Forcarei en 1931. Fundada por Virxilio Blanco e Jacinto Caldera Manzano. Jacinto Caldera era o director-administrador e Virxilio Blanco o redactor artístico. De ideoloxía católico-galeguista, propúñase combater a politiquería, o caciquismo, o favoritismo e outras lacras que envelenavan as pequenas vilas de Galicia. Publicou polo menos nove números, sendo o número 9 o correspondente ao 30 de decembro de 1931.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar