Issam Alnagm Azzam
Issam Alnagm Azzam, nado en Siria o 25 de xullo de 1948, é un médico e político galego do PPdeG.
Issam Alnagm Azzam | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1948 |
Siria | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A súa traxectoria política empezou aos 16 anos en Siria, onde xa militaba nun partido. Chegou a España en 1968 para estudar Medicina. Matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela e casou cunha compañeira de estudos. Chegou a Muras en 1989 como médico do Centro de Saúde. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 en Muras encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, maioría que perdeu nas eleccións municipais de 2015. En 2016 foi acusado e condenado por inxurias ao alcalde do BNG Manuel Requeijo ao que acusou de quedar con cartos que eran para os xitanos[1].
Predecesor: José López Soto |
Alcalde de Muras 1991 - 2015 |
Sucesor: Manuel Requeijo Arnejo |
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Noticia en El Progreso
- Entrevista en El Progreso