Isistius trituratus

especie de peixe elasmobranquio da orde dos escualiforme e familia dos dalatíidos, unha das dúas extintas integradas no xénero Isistius

Isistius trituratus é unha especie de peixe elasmobranquio da orde dos escualiforme e familia dos dalatíidos, unha das dúas extintas integradas no xénero Isistius.[1]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1874 polo anatomista, zoólogo e historiador natural neerlandés Tiberius Cornelis Winkler, na súa obra "Deuxième mémoire sur des dents de poissons fossiles du terrain bruxellien", publicada nos Archives du Musée Teyler 4 (1): 16–48, baixo o nome de Corax trituratus.[2]

Sinónimos

editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén, entre outros, polos sinónimos:[2]

  • Centrina trituratus
  • Corax trituratus (protónimo)
  • Scymnus trituratus

Características da descrición

editar

Winler, na súa descrición, feita a partir dos dentes, que son pequenos, planos e triangulares, cos bordos lisos, e que lle parece seguro que estes dientes pertencían a un peixe escuálido, a unha especie do xénero Corax[3] e que parece que, pola acción trituradora da auga durante moito tempo, volvéronse máis ou menos convexos, e que perderon, pola mesma causa, as fendeduras dos bordos da coroa. A raíz, agora plana e cuadrangular, é ósea e porosa, ten un orificio de nutrientes na súa parte superior e un suco perpendicular que se estende desde o bordo inferior do esmalte da coroa até o bordo da raíz. O feito de que estes dentes estean cheos por dentro e que o seu tecido dental teña unha grande analoxía coa dos dentes de Corax, lévame a ver neles dentes dunha especie de Corax e non de Galeocerdo. Porén, espero que algún día se encontren dentes desenvolvidos deste tipo, polo que provisionalmente doulle o nome de Corax trituratus.[2]

Distribución

editar

Encontráronse restos fósiles desta especie na maioría dos sedimentos do Eoceno.[2] Os máis coñecidos son os de en Ucraína, Reino Unido, Estados Uniodos (Virxina) e Uzbekistán. E tamén e encontraron nos do Paleoceno dos Estados Unidos (California).[4]

  1. Isistius Gill en The Life and Times of Long Dead Sharks. En elasmo.com (en inglés).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Isistius trituratus (Winkler, 1874).
  3. Hoxe coñecido como Squalicorax
  4. Isistius trituratus Winkler 1874 en paleobiodb.org.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar