Dalatíidos

.

A dos dalatíidos (Dalatiidae) é unha familia de peixes elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes.[1][2]

As súas especies distribúense por todos os océanos do mundo, tanto en rexións litorais como en mar a fóra.[3]

CaracterísticasEditar

Varias especies posúen órganos luminosos que aparecen como manchas negras principalmente na superficie ventral.[4]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A familia foi descrita en 1851 polo naturalista inglés John Edward Gray,[1] na súa obra List of the specimens of fish in the collection of the British Museum. Part I. Chondropterygii. British Museum (Natural History), Londres.

EtimoloxíaEditar

O nome científico da familia está formado, segundo a norma, sobre a raíz Dalati- do seu xénero tipo, Dalatias, coa adición do elemento do latín científico -ǐdae, propio dos nomes das familias de animais.[5]

ClasificaciónEditar

A familia inclúe seis xéneros con 10 especies:[1][3][2]

En GaliciaEditar

Rodríguez Villanueva et al. citan a especie Dalatias licha como presente, ocasionalmente, nas aguas galegas.[6]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Dalatiidae Gray, 1851 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Dalatiidae Graey, 1851 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 "Froese, R. e D. Pauly, Eds. (2009): FishBase. World Wide Web electronic publication.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2012. 
  4. Hamlett, W. C. editor (1999). Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. pp. 16–17. ISBN 0-8018-6048-2. 
  5. O fetito de ser breve o "i" do sufixo latino xustifica a adapación do nome da familia ao galego como dalatíidos.
  6. Rodríguez Villanueva & Vázquez 1992, p. 93.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

  • Family Dalatiida2 en FihsBase. Con ampla información sobre a familia, icluíndo os nomes científicos das súas especies a as súas sinonimias (en inglés). Consultada o 12 de deembro de 2020.