Isidoro Máiquez

actor español

Isidoro Máiquez, nado en Cartaxena o 17 de marzo de 1768 e finado en Granada o 18 de marzo de 1820, foi un actor español de entre o século XVIII e o XIX, considerado un dos mellores da súa época.[1] Home ilustrado, comprometeuse coa causa liberal e foi retratado por Goya en 1807.[2][3]

Infotaula de personaIsidoro Máiquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1768 Editar o valor em Wikidata
Cartaxena, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1820 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Granada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaLiberalismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , dramaturgo , theatre entrepreneur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1791 Editar o valor em Wikidata - 1820 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntonia Prado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Fillo de cómicos, e a pesar de que o seu pai se opuña a que continuase a tradición familiar, empezou moi novo en teatros de diversas capitais españolas, como Cartaxena, Málaga, Valencia e Granada. Fixo o seu debut no Teatro do Príncipe de Madrid en 1791, dentro da compañía do actor Martínez, na que actuaban actrices como María del Rosario Fernández, "a Tirana", e Rita Luna (ambas retratadas tamén por Goya). Casou con Antonia Prado, tamén actriz.

 
Isidoro Máiquez no papel de Otelo. Litografía de José Ribelles. Museo do Romanticismo, Madrid.[4]

Rompendo as normas e ignorando o "amaneramento, efectismo, falsidade e desidia" que asfixiaban a interpretación en España a finais do século XVIII, Máiquez trasladou aos xéneros teatrais clásicos a esencia popular dos entremeses de Lope de Rueda, atrevemento que lle valeu pasar de ser un perfecto descoñecido a primeiro actor do Teatro do Príncipe. Nesa liña, conseguiu o seu primeiro éxito con El celoso confundido representada no Teatro de los Caños del Peral o 20 de xuño de 1801.

Admirador de Shakespeare e do actor francés da Revolución François-Joseph Talma, o goberno español —por mediación do ministro Manuel Godoy— concedeulle unha pensión de catrocentos reais mensuais para que fora a París coñecer a Talma e estudar a súa técnica. Regresou en 1802 e conseguiu grandes éxitos con Otelo (Shakespeare, 1802), no Coliseo de Los Caños del Peral; Macbeth, un ano máis tarde; Polinice (Vittorio Alfieri); A vida é soño de Pedro Calderón da Barca; Pelayo, de Manuel José Quintana; Bruto, de Alfieri e a Numancia de Miguel de Cervantes.

O Regulamento de Máiquez editar

Como dramaturgo, é autor dun Reglamento (1818) no que se expoñen algunhas reformas importantes na vida teatral madrileña:[5][6]

  1. Creación dunha Xunta para administrar os fondos, composta polos dous autores (empresario e dramaturgo) e dous cómicos de cada teatro;
  2. fusión dos intereses das tradicionais dúas 'compañías de verso' cunha de 'cantado' e outra de 'baile';
  3. conservación do cargo de 'autor' (no esquema da época, o equivalente a empresario teatral);
  4. elevar a figura do director, de maneira que a súa opinión prevalecese na organización da orde de traballo e os ensaios, podendo requirir en caso de conflito a mediación do corrixidor;
  5. anunciar nos carteis o nome dos artistas;
  6. supresión dos vendedores ambulantes nos teatros;
  7. implantación das funcións nocturnas;
  8. supresión da figura do gracioso (que anunciaba as funcións sucesivas);
  9. a liberdade das compañías quedaba baixo a autoridade do corrixidor da vila.

Máiquez foi tamén un dos pioneiros na defensa da creación dunha Escola Nacional de Declamación. Enrique Funes, no seu tratado La declamación española,[7] escribiu sobre el:

"Harto consiguió con fundar la dirección de escena, no conocida mientras él no vino [...] Como ingenio de primer orden, se adelanta, realizándose en él y por él la armonía entre la declamación trágica, la de la comedia, la de los géneros intermedios y la de los ínfimos: la recitación y la mímica líganse para engendrar la expresión propia del carácter, de la pasión y de las situaciones, con las indefinidas causas que lo modifican; álzase un trono en el escenario a la verdad y a la belleza. El maestro cuida de que tonos y acción de los actores estén en armonía con la frase, con las ideas y con el diálogo, con los afectos y con las situaciones, con los personajes y con la obra entera, muchas veces con el espíritu del autor y siempre con la naturaleza".

Nos aspectos relativos á escenografía e ao atrezzo, seguindo a Talma, coidou o vestiario e o decorado nas súas actuacións. Como mestre sen competencia, protexeu a incipiente carreira teatral do despois famoso comediógrafo Manuel Eduardo de Gorostiza. Entre os seus discípulos cóntanse: Carlos Latorre, Antonio Guzmán, Andrés Prieto, Rafael Pérez e Joaquín Caprara.[6][8] Foi considerado polos historiadores e críticos Narciso Díaz de Escovar e Francisco de Paula Lasso de la Vega como o reformador do teatro español.[1]

Talante liberal, desterro e morte editar

Ao estalar a Guerra da Independencia, Máiquez, que participara no levantamento do dous de maio, foi exiliado a Francia como reo de Estado, pero Xosé Bonaparte revogou a orde, permitiulle volver a España e outorgoulle unha pensión de 24 000 reais.[5]

Durante o Sexenio Absolutista (1814-1820) conseguiu sobrevivir á censura do goberno do rei Felón, ata que negándose a representar unha comedia do influente político —aínda que mediocre dramaturgo— Javier de Burgos, imposta polo corrixidor José Manuel de Arjona y Cubas, foi desterrado a Cidade Real e despois a Granada, cumprindo a pena que por desacato lle impuxo en Madrid o corrixidor José Manuel de Arjona. Nesa cidade andaluza morreu tolo o 18 de marzo de 1820, ao pouco de triunfar a revolución liberal.[9]

Retratos literarios editar

 
Un mozo Isidoro Máiquez, nun óleo atribuído a José Ribelles (ca. 1795). Fundación Lázaro Galdiano, Madrid.

Antonio Alcalá Galiano deixou un minucioso retrato literario de Máiquez que pode resultar complementario aos pictóricos de Goya e Ribelles:

"Su alta estatura, su rostro expresivo, sus ojos llenos de fuego, su voz algo sorda, pero propia para conmover; la suma naturalidad de su tono y en su acción, su vehemencia, su emoción y aun lo intenso a falta de lo fogoso de la pasión en los lances, ya terribles, ya de ternura profunda, constituían un tono digno de ponerse a la par con los primeros de su clase de todas las naciones".[1]
Antonio Alcalá Galiano

O dramaturgo Moratín, pola súa parte, dedicoulle versos como estes:

"...inimitable actor, que mereciste
entre los tuyos la primera palma,
y amigo, alumno y émulo de Talma
la admiración del mundo dividiste".
Leandro Fernández de Moratín

Tamén o novelista e dramaturgo Benito Pérez Galdós fíxose eco nos seus Episodios Nacionais da personalidade de Máiquez, incluíndoo en varias pasaxes da trama literaria da Corte de Carlos IV, como este en que describe á compañía de Isidoro no Teatro do Príncipe de Madrid:

"El del Príncipe estaba ya reconstruido en 1807 por Villanueva, y la compañía de Máiquez trabajaba en él, alternando con la de ópera, dirigida por el célebre Manuel García; mi ama y la de Prado eran las dos damas principales de la compañía de Máiquez. Los galanes secundarios valían poco, porque el gran Isidoro, en quien el orgullo era igual al talento, no consentía que nadie despuntara en la escena, donde tenía el pedestal de su inmensa gloria y no se tomó el trabajo de instruir a los demás en los secretos de su arte, temiendo que pudieran llegar a aventajarle. Así es que alrededor del célebre histrión todo era mediano. La Prado, mujer de Máiquez, y mi ama alternaban en los papeles de primera dama, desempeñando aquélla el de Clitemnestra, en el Orestes, el de Estrella en Sancho Ortiz de las Roelas y otros. La segunda se distinguía en el de doña Blanca, de García del Castañar, y en el de Edelmira (Desdémona), del Otello".
La Corte de Carlos IV, Benito Pérez Galdós[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Huerta 2005, p. 432.
  2. "El actor Isidoro Maíquez". Goya en el Prado. Consultado o 21 de abril de 2015. 
  3. Dieterich 2007, p. 219.
  4. 'La pieza del mes': Isidoro Máiquez en el papel de Otelo e Isidoro Máiquez en el papel de Óscar, hijo de Ossián. Litografías de José Ribelles y Helip (Sala XVIII. Literatura y Teatro) Museo del Romanticismo. Madrid.
  5. 5,0 5,1 Gómez García 1998, p. 505.
  6. 6,0 6,1 Huerta 2005, p. 433.
  7. Funes, Enrique (1894). Sevilla Díaz y Carballo, ed. La declamación española I (Bosquejo histórico crítico) (Biblioteca Digital Hispánica ed.). Madrid. Consultado o 22 de abril de 2015. 
  8. Revilla 1874.
  9. Cotarelo y Mori 1902.
  10. Pérez Galdós, Benito. Episodio Nacional n.º 2 serie 1. La Corte de Carlos IV. Cap.IV.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar