Antonio Alcalá Galiano

Antonio Alcalá Galiano, nado en 1789 e finado en 1865, foi un político, orador e escritor español.

Antonio Alcalá Galiano
Nome completoAntonio Alcalá Galiano y Fernández de Villavicencio
Nacemento22 de xullo de 1789
Lugar de nacementoCádiz
Falecemento11 de abril de 1865
Lugar de falecementoMadrid
CausaIctus
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, político, profesor universitario, romanista, militar e comparative literature academic
PaiDionisio Alcalá Galiano
NaiConsolación Villavicencio
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Deputado a Cortes durante o Trienio liberal de 1820-1823, presidiu a sesión na que se declarou a incapacidade de Fernando VII. Emigrado e Inglaterra, regresou a España en 1834. En 1837 afiliouse ao partido moderado, e foi ministro de Mariña nun goberno presidido por Istúriz e de Fomento noutro presidido por Narváez.

Deixou dúas obras autobiográficas de valor histórico e literario: Recuerdos de un anciano (1878) e Memorias (1886). O seu prólogo a El moro expósito, do duque de Rivas, está considerado como o primeiro manifesto do romanticismo español. Influído polo pensamento político inglés, tendeu cara a unha política pragmatista e unha ideoloxía de tipo liberal.

Véxase tamén Editar