Vittorio Alfieri
Niccolò Vittorio Alfieri, nado en Asti o 16 de xaneiro de 1749 e finado en Florencia o 8 de outubro de 1803, foi un poeta e dramaturgo italiano fortemente influenciado pola cultura clásica e o espírito romántico.
Nome orixinal | Niccolò Vittorio Alfieri |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de xaneiro de 1749 Asti, Italia |
Morte | 8 de outubro de 1803 (54 anos) Florencia, Italia |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Basílica da Santa Cruz |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, actor de teatro, filósofo, historiador da arte, tradutor, escritor, actor, poeta, aristócrata |
Membro de | |
Movemento | Clasicismo |
Obra | |
Obras destacables | |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Alfieri (en) |
Parella | Louise de Stolberg-Gedern |
Pais | Antonio Amedeo Alfieri e Monica Maillard de Tournan |
Irmáns | Giulia Alfieri |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Sitio web | fondazionealfieri.it |
Traxectoria
editarPerde a seu pai na súa infancia e continúa a residir coa súa nai e o seu novo marido ata que en 1758 entra na Academia militar de Turín, onde os nobres piemonteses eran tradicionalmente instruídos, no ano 1766 deixa a academia e principia unha longa viaxe por Europa, durante case dez anos viaxa por toda Italia, Francia, Inglaterra, Países Baixos, Suíza, Austria, Dinamarca e Rusia. Durante este período dedicouse tamén á lectura de autores como Dante Alighieri, Petrarca, Boccaccio, Maquiavelo, Ariosto e Tasso. Fascinado coa forma de se organizar da natureza e reticente con calquera forma de organización social.
En 1774 escribe a súa primeira traxedia Cleopatra, que se representou ao ano seguinte en Turín, con grande éxito. Entre 1776 e 1777 estrea dúas traxedias Filippo e Polinice e escribe Antigone (1776). En 1778 renuncia ao seu título nobiliario, deixa as súas propiedades á súa irmá e marcha a vivir á Toscana, illándose da sociedade contemporánea. Entre 1781 e 1783 reside en Roma, alí escribe Saul (1783) e Agamennone (1783) e pouco despois escribe Mirra (1784-1786).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Obras de Alfieri (en italiano)