Abrir o menú principal

Isabel de Castro e Andrade

nobre e escritora galega

Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nada en Pontedeume probablemente en 1528 e falecida na mesma vila en 1582, foi unha nobre e escritora galega, considerada como a primeira poeta renacentista en galego.

Isabel de Castro e Andrade
Nome completoIsabel de Castro y Andrade
Nacemento1528
 Pontedeume
Falecemento1582
 Pontedeume
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
CónxuxeRodrigo de Moscoso Osorio Álvarez de Toledo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pouco se coñece da súa vida. Era a filla máis nova de Fernando Ruiz de Castro Osorio, cuarto conde de Lemos, e de Teresa de Andrade, filla do conde Fernando de Andrade. Isabel casou en 1555 co, tamén poeta, Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, quen herdara o condado de Altamira, de quen ela recibiu o título.

Coñéceselle algunha obra poética en castelán ("A la rosa") e mais un único soneto en galego, "Soneto de la Señora Dona Isabel de Castro y Andrade a Don Alonso de Ercilla", que é unha das poucas pezas literarias cultas que se conservan dos Séculos Escuros. O soneto, datado en 1578, está dedicado ao escritor castelán Alonso de Ercilla, co gallo da publicación da segunda parte da súa obra épica La Araucana.

A súa vila natal honrouna cun monólito en 1975.[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar