Abrir o menú principal

Isabel, Illas Salomón

(Redirixido desde "Isabel (Illas Salomón)")
A provincia de Isabel nas Illas Salomón

Isabel é unha da provincias das Illas Salomón. Ten unha poboación aproximada de 30.000 habitantes (2004). A capital é Buala, situada na Illa de Santa Isabel.

Santa Isabel é a illa máis grande das Illas Salomón. O primeiro contacto europeo con esta illa foi realizado por Álvaro de Mendaña e Neira en 1568. O punto máis alto é o monte Kubonitu (1.120 metros). O río Marutho discorre desde esta montaña ata o océano en Hofi. A gran maioría de ríos e arroios nacen neste punto excepto os da outra vertente da illa, Katova.

A provincia de Isabel é longa pero pouco poboada. No censo de 1999 posuía 20.421 habitantes.[1]

NotasEditar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2011.