Illa de Santa Isabel
A illa de Santa Isabel (tamén coñecida como Isabel e Ysabel) é a de maior lonxitude das Illas Salomón, no Pacífico Sur, a súa extensión de 2.999 m² fai que sexa a de maior extensión da provincia de Isabel.
Santa Isabel | |
---|---|
Mahaga | |
Situación da Illa de Santa Isabel | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Isabel |
Arquipélago | Illas Salomón |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 8°01′50″S 159°10′34″L / -8.03056, -159.17611 |
Xeografía | |
Superficie | 2.999 km² |
Longura máxima | 200 km. |
Largura máxima | 22 km. |
Punto máis alto | 1.220 m. Monte Sasari[1] |
Demografía | |
Capital | Buala |
Poboación | 26.158 (2009) |
Localización e datos xeográficosEditar
A illa está comprendida entre a provincia de Choiseul ao oeste, de Malaita ao leste, o océano Pacífico ao norte e o estreito de Nova Xeorxia ao sur.
O punto máis elevado da illa é o Monte Sasari de 1.220 metros de altitude. O río máis importante da illa, o Marutho nace no Sasari e desemboca ao océano en Hofi.
O centro administrativo da illa é Buala, cidade que alberga o aeroporto da illa. Outro centro de poboación importante é Samasodu.
HistoriaEditar
Os españois foron os primeiros europeos en chegar á illa. En 1568 alcanzou a illa a expedición de Pedro Sarmiento de Gamboa, Pedro de Ortega e Álvaro de Mendaña. Onde estableceu un asentamento e construíron un barco para estudar e cartografar o mar que a rodea e as illas próximas. Pero moi pronto, os españois espertaron a inimizade dos insulares.
Logo de non atopar ouro e pouca comida, e acosados polos ataques e as enfermidades, os colonos españois cambiaron a súa colonia a actual Honiara en Guadalcanal. A súa colonia, con todo, extinguiríase.
Os insulares de Santa Isabel sufriron ataques de blackbirding (contratación enganosa e rapto de man de obra indíxena) no século XIX. Abrazaron o cristianismo nos inicios do século XX.
LinguasEditar
A poboación de Santa Isabel fala ata oito idiomas ademais do Inglés e o Pijon das Illas Salomón.
- Lingua Blablanga
- Lingua Bughotu
- Lingua Cheke Holo antes chamada Marine ou Maringe
- Lingua Gao
- Lingua Kokota
- Lingua Laghu (extinto)
- Lingua Zabana
- Lingua Zazao
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Santa Isabel |
- ↑ Hammond World Travel Atlas. Union, N.J.: Hammond World Atlas Corporation, c. 2004-2005. ISBN 0-8437-1982-6. Page 245