Pedro Sarmiento de Gamboa
Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e finado no océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante, cosmógrafo, matemático, escritor, soldado, historiador, filólogo, astrónomo, científico, humanista, explorador y conquistador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1530 (Gregoriano) Pontevedra (Coroa de Castela) |
Morte | 1592 (61/62 anos) Lisboa (Reino de Portugal) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, Etnografía, astronomía, xeografía e náutica |
Ocupación | explorador, historiador, navegante, escritor, astrónomo |
Nomeado polo rei Filipe II gobernador e capitán xeral das Terras do Estreito de Magalláns, fundou as primeiras poboacións de colonizadores na zona (Ciudad del Nombre de Jesús e Puerto del Hambre). Foi tamén un dos descubridores das Illas Salomón.
Traxectoria
editarParticipou con Álvaro de Mendaña na expedición que descubriu as Illas Salomón. Foi nomeado capitán dunha das naves de Mendaña (1567).
En 1579 impartíuselle a orde de seguirlle ós pasos ó pirata Drake, saíndo do Callao cara ao Estreito de Magallanes con once navíos. Ó non encontralo, foi enviado novamente en 1581, polo rei Filipe II a fortificar o estreito de Magallanes, con vinte e catro navíos e dous mil cincocentos homes establecendo o Forte de San Felipe, a primeira poboación patagónica de Chile, 60 quilómetros ó sur de Punta Arenas. Pero os colonos españois enfrontaron innumerables adversidades, morrendo de fame, e este lugar pasou á historia co tráxico nome de Port Famine (Porto da Fame).
Nunha das súas viaxes a España buscando axuda para estes colonos foi apresado por piratas ingleses e levado a Londres. Liberado pola raíña Isabel I, foi de novo apresado polos franceses, ata que pagou o rescate en 1590.
Regresou por fin a España e foi recibido por Filipe II. Pouco despois foi nomeado Almirante da armada, e nun dos seus barcos morrería en 1592, fronte ás costas de Lisboa.
Diversos territorios de México e Guatemala foron percorridos por Pedro Sarmiento antes da súa chegada ó Perú en 1557. En 1569 o vicerrei Francisco de Toledo ordenoulle que escribise un compendio dos costumes, a vida cotiá e a organización política do Imperio Inca, realizando a "Historia Índica". O seu relato, escrito de xeito preciso e descritivo, serve de complemento ás crónicas doutros autores como Pachacútec ou Pedro Cieza de León. Os amplos coñecementos de astroloxía que Sarmiento demostrou ocasionaron problemas coa Inquisición.
Outros Sarmiento
editarNon se debe confundir con:
- Pedro Sarmiento, protagonista da revolta de Toledo de 1449.
- Pedro Gómez Sarmiento, bispo e cardeal contemporáneo seu.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Sarmiento de Gamboa |
Bibliografía
editar- Sarmiento de Gamboa, Pedro 1943. Historia de los Incas. Buenos Aires: Emecé Editores.
- "Pedro Sarmiento de Gamboa". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.