Provincias das Illas Salomón

división territorial das Illas Salomón

As Provincias das Illas Salomón actuais son nove, e constitúen a división territorial das Illas Salomón. A capital do país, Honiara, na illa de Guadalcanal, non se inclúe dentro de ningunha provincia.

Provincias das Illas Salomón en 1989
Provincias das Illas Salomón, numeradas en orde alfabética

Historia editar

Durante o protectorado británico había 12 distritos administrativos: Choiseul, Eastern Solomons, Gizo, Guadalcanal, Lord Howe, Malaita, Nggela e Savo, Rennell e Bellona, Santa Cruz, Shortlands, Sikaiana (Stewart) e Ysabel e Cape Marsh. A capital era Tulagi.

Despois da segunda guerra mundial, reorganízase en catro distritos, Central, Occidental, Oriental e Malalaita. Estes distritos dividíronse en consellos. A capital trasladouse a Honiara e esta foi a organización territorial que tiñan as Illas Salomón no momento da súa independencia en 1978.

En 1981 reorganízase a administración territorial en sete provincias: o distrito Central deu nas provincias Central, Isabel e Guadalcanal; o distrito Oriental deu nas provincias de Makira e Temotu; e os distritos Occidental e Malalaita tornaranse en provincias ficando igual. En 1983 os 22 quilómetros cadrados da capital, Honiara, sácanse de Guadalcanal e créase o Territorio da capital, ao mesmo tempo que a cidade mantiña a capitalidade da provinica de Guadalcanal.

En 1995, Choiseul convértese en provincia, a partir dunha parte da provincia Occidental, e Rennell e Bellona sepárase da provincia Central, e deste xeito chégase ao número 9 actual.

Provincias editar

# Provincia Capital Superficie
(km²)
Poboación
(censo 1999)
Densidade
de pob. (km²) (1999)
Poboación
(estimación 2009)
1 Provincia Central Tulagi 615 21.577 35,1 24.226
2 Provincia de Choiseul Taro 3.837 20.008 5,2 24.060
3 Provincia de Guadalcanal (1) Honiara 5.336 60.275 11,3 79.555
4 Provincia de Isabel Buala 4.136 20.421 4,9 23.209
5 Provincia de Makira-Ulawa Kirakira 3.188 31.006 9,7 38.123
6 Provincia de Malaita Auki 4.225 122.620 29,0 143.852
7 Provincia de Rennell e Bellona Tigoa 671 2.377 3,5 2.174
8 Provincia de Temotu Lata 895 18.912 21,1 21.190
9 Provincia Occidental Gizo 5.475 62.739 11,5 83.759
n/a Territorio da Capital Honiara 22 49.107 2.232,1 78.190
  Illas Salomón Honiara 28.400 409.042 14,4 518.338

(1) excluíndo o Territorio da capital, Honiara