Auki é unha cidade das Illas Salomón. É a capital provincial da illa de Malaita. Sitúase na costa noroeste da illa. Hai voos diarios, como tamén traxectos regulares en barco, que conectan a cidade coa capital do país, Honiara, na illa de Guadalcanal. A súa poboación estimada no 2010 era de 6 811 habitantes.[1]

O parlamentario electo nas eleccións de 2006 pola circunscrición Auki-Langalanga foi o ex primeiro ministro Bartholomew Ulufa'alu, falecido o 25 de maio de 2007.

Notas editar