Abrir o menú principal

Lirio de monte

especie de planta
(Redirixido desde "Iris boissieri")

O lirio de monte ou lirio do Xurés (Iris boissieri), é un lirio (xénero da familia Iridaceae ) moi escaso e endémico das montañas de Galiza e Norte de Portugal. Segundo a citas antigas, as poboacións situadas a menor altitude desapareceron. Áchase clasificado como “En Perigo Crítico” no Atlas y Libro Rojo de Flora Amenazada de España.[1]

DescriciónEditar

Xeófito con bulbo de túnica membranosa. As follas son dimorfas, as inferiores longas, as distais máis curtas, de limbo más largo, transformándose gradualmente en espatas. O talo fica rematado nunha soa flor, excepcionalmente dúas. A flor é de cor violácea, con divisións externas cunha franxa central amarela e pelos da mesma cor. A polinización é entomófila, a dispersión barocoria. Nº cromosomático: 2n = 36. Reprodución asexual posíbel por división do bulbo.

Bioloxía reprodutivaEditar

A taxa de formación de sementes oscila entre anos consecutivos. Téñense ollado lirios de monte con máis de 40 sementes, o que debe supor gasto de recursos moi importante para o bulbo, xa que na época de maduración das sementes, a parte aérea da planta perdeu a súa capacidade fotosintética. Existe variación interanual na formación de vástagos e floración de esta especie. Esta variación semella estar relacionada co éxito e consumo de recursos na produción de sementes do ano precedente.

HábitatEditar

Medra en altitudes entre 500 e 1.450 m, en solos pouco fondos desenvolvidos sobre rochas de granodioritas

DistribuciónEditar

É propio de Galiza e do Norte de Portugal. En Galiza está presente na Serra do Xurés e Santa Eufemia e en Baltar (Ourense), na Serra do Courel (Lugo) e no Monte Pindo (A Coruña). No norte de Portugal espállase pola liña con Galiza no suroeste da provincia de Ourense (Serra do Gerês).

Situación actual e ameazasEditar

Parecen ter desaparecido as poboacións situadas a baixa altitude, moi especialmente na contorna da Serra do Xurés, onde existían algunhas referencias históricas. De xeito xeralizado detéctase unha declinación importante das súas poboacións. Só a poboación integrada no Parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés atópase aparentemente en bo estado.

AmeazasEditar

As principais ameazas que poden afectar a esta especie son os coleccionistas e os cambios no uso do solo. Por outra banda as poboacións da Serra do Courel e do Monte Pindo semellan inviábeis pola escaseza de efectivos detectada. Nesta última localidade tíñase detectado algún individuo recentemente que non volveu localizar de novo. Atópase no Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, clasificada como especie en perigo crítico.

ConservaciónEditar

A súa poboación ourensá está integrada no Parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Porén as poboación do Courel e do Monte Pindo, malia pertencer aos LICs (o primeiro Ancares-Courel e o segundo Carnota-Monte Pindo) carecen dunha figura de protección regulada. Algunhas asociacións reclaman a declaración do Monte Pindo como Parque Natural. Algunhas medidas de conservación propostas son a conservación en bancos de xermoplasma, reforzar a educación e divulgación para evitar as recolleitas, a reintrodución e reforzamento daquelas poboacións que ben desapareceron ou ben teñen escasa viabilidade.

Redescuberta no Monte PindoEditar

Javier Amigo, profesor de botánica da Universidade de Santiago de Compostela catalogara esta especie no Monte Pindo, malia que levaba máis de dez anos sen poder constatar a súa presenza. En xuño de 2013 un grupo de persoas da asociación que loita para declarar o monte Pindo parque natural protexido, deron con varios exemplares durante unhas xornadas de pesca organizadas pola Confraría de Pescadores da localidade[2]. A asociación Monte Pindo cre que este achado, ademais da importancia botánica, súmase á escolma de especies endémicas e raras que se atopan neste espazo, polo que debería se enmarcar con algunha figura de protección.

O grande incendio forestal que arrasou o Monte Pindo en setembro de 2013 fai que sexa difícil a sobrevivencia desta especie nesta zona[3].

NotasEditar

Véxase taménEditar