Irène Joliot-Curie

física e química francesa
(Redirección desde «Irene Joliot-Curie»)

Irène Joliot-Curie, nada en París o 12 de setembro de 1897 e finada o 17 de marzo de 1956 tamén en París, foi unha física [1][2] e química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.

Irène Joliot-Curie
Datos persoais
Nome completoIrene Curie
Nacemento12 de setembro de 1897
Lugar13.º arrondissement de Paris
Falecemento17 de marzo de 1956
LugarParís
Causaleucemia
SoterradaCemitério de Sceaux
NacionalidadeFrancia
CónxuxeFrédéric Joliot
FillosPierre Joliot e Hélène Langevin-Joliot
Actividade
Campofísica, química, profesora, política, científico nuclear e investigadora
Alma máterFacultade de Ciencias de París, Collège Sévigné e Universidade de París
Director de tesePaul Langevin
Contribucións e premios
Coñecida porTransmutación
PremiosOficial da Lexión de Honra, Premio Nobel de Química, doutor honoris causa pola universidade Xaguelónica de Cracovia, Medalla Matteucci, Orde da Cruz de Grundwald, terceira clase, medalla Barnard, honorary doctor of the Maria Curie-Skłodowska University e Commander with Star of the Order of Polonia Restituta
Os seus pais foron os tamén premio Nobel Marie Curie e Pierre Curie
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla dos tamén famosos científicos Marie Curie e Pierre Curie (ambos tamén premios Nobel), estudou na Sorbona, tendo que interromper os seus estudos pola primeira guerra mundial, na que serviu como enfermeira radióloga. Tras a guerra, obtivo o doutoramento en ciencias cunha tese sobre os raios alfa no polonio.

Casamento e Nobel editar

No 1926 casou con Frédéric Joliot, colaborando ambos no estudo da radioactividade natural e artificial, transmutación dos elementos e física nuclear. No 1935 ambos conseguiron o Premio Nobel de Química. No 1938, a súa investigación sobre a acción dos neutróns nos elementos pesados foi un paso importante no descubrimento da fisión nuclear. No 1937 foi nomeada profesora na Facultade de Ciencias de París, e no 1946, directora do Instituto de Radiación.

Activista da paz, tivo un forte interese nos dereitos da muller, chegando a ser membro do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello Mundial da Paz. Ocupou a Cátedra de Física Nuclear na Sorbona, e foi asemade nomeada Vicesecretaria de Estado para a Investigación Científica. Foille concedida a Lexión de Honra francesa.

Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena, e un fillo, Pierre.

Morreu en 1956 a causa dunha leucemia contraída no seu traballo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Harold Clayton Urey
Premio Nobel de Química
 

1935
con
Frédéric Joliot
Sucesor:
Peter Joseph Wilhelmus Debye


  1. "Qui est Irène Joliot-Curie ?". Ministère de l'Enseignement supérieur, de la Recherche et de l'Innovation (en francés). Consultado o 11 de abril de 2020. 
  2. "Biographie d'Irène et Frédéric Joliot-Curie - Musée Curie". musee.curie.fr (en francés). Consultado o 11 de abril de 2020.