Iparretarrak
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2021.) |
Iparretarrak foi unha organización terrorista abertzale que loitaba pola autodeterminación do País Vasco francés.
Iparretarrak (IK) | |
---|---|
![]() Logo de IK. A lenda quere dicir O pobo debe vivir! | |
Organización armada de Iparralde | |
Líderes | Filipe Bidart |
Creación | 1972 |
Área de operacións | Francia |
Ideoloxía | Nacionalismo vasco Socialismo |
Vencellado a | Euskadi Ta Askatasuna |
Publicación | Ildo[1] |
Status | Inactiva Última acción no 2000 Foi declarada "organización ilegal" por Valery Giscard d’Estaing en 1978 |
Iparretarrak significa "os do norte" en éuscaro, aínda que tamén se emprega como acrónimo da expresión Iparraldeko Abertzaleak, "Patriotas de Iparralde", abreviándose nas siglas IK.
Realizou a súa presentación como organización no mercado de gando Urepele no ano 1972 e cometeu a súa primeira acción armada o once de decembro do ano seguinte. En 1974 comezou a publicar a revista Ildo (camiño). A organización foi declarada ilegal polas autoridades francesas en 1978.
Iparretarrak adquiriu notoriedade especialmente durante o xuízo a Jean Claude Marguirault, Xan en 1980. Nese mesmo ano dous terroristas da organización morreron ó explotarlles unha bomba que pretendían colocar baixo o coche da muller do subprefecto do departamento.
En 1982 - o seu ano de maior actividade con 34 atentados- asasinaron a un policía CRS, os seus atentados teñen consistido xeralmente en ataques con bomba contra instalacións turísticas, intereses de empresas inmobiliarias e dependencias da administración francesa. O seu ámbito de actuación é o País Vasco francés.
En vésperas da visita do presidente francés Françoise Miterrand a Lapurdi en 1984 atentan contra o aeroporto de Biarritz, emitindo un comunicado no que acusaban a dito dirixente de non respectar a cultura e os dereitos nacionais do pobo vasco.
O seu fundador e máximo dirixente, o ex-seminarista Filipe Bidart, foi arrestado pola policía francesa en Boucau o 20 de febreiro de 1988, sendo condenado algúns anos despois pola sala XVI do Tribunal Correccional de París a dúas cadeas perpetuas polo asasinato de tres membros da policía francesa (dous axentes antidisturbios e un xendarme).
Se ben pretenden a independencia de País Vasco, en 1993 apoiaron o borrador a favor dun departamento vasco como primeiro paso dentro da estrutura estatal francesa como instrumento de promoción do éuscaro e a cultura vasca.
En 1998, trala firma dos acordos de Lizarra declararon unha tregua para non entorpecer o proceso.
Relacións con ETA editar
Aínda que houbo algún intento de fusionarse con ETA, finalmente non terminou xa que moitos dos seus membros vían a ETA con receo por pretender a súa absorción. Acusábase a ETA de ter unha actitude preponderante.
Tamén influíu en que non se unisen o feito de que daquela aínda existía o "santuario francés" para ETA, cousa que remataría de colaborar con IK.