Intervisión
A Organización Internacional de Radio e Televisión (OIRT, do francés Organisation Internationale de Radiodiffusion et de Télévision), comunmente chamada Intervisión, era unha rede de radio e televisión de Europa do Leste creada en 1946 co fin principal de intercambiar producións entre os seus membros, a saber: Alemaña Oriental, Bulgaria, Checoslovaquia, Finlandia, Hungría, Polonia, Romanía e a Unión Soviética. Finlandia, sendo un país neutral no marco da guerra fría, era tamén membro da Unión Europea de Radiodifusión (UER), que era a organización correspondente á OIRT de Europa Occidental e usaba para as súas transmisións bandas de FM distintas.
Intervisión | |
---|---|
Tipo | organización internacional |
Data de fundación | 1946 |
Data de disolución | 1 de xaneiro de 1993 |
Sede | Bruxelas-Capital e Praga |
[ editar datos en Wikidata ] |
De 1958 en diante tivo as súas oficinas centrais en Praga. Entre 1977 e 1980 a OIRT organizou en Sopot, Polonia, catro concursos do Festival da Canción de Intervisión, emulando o exitoso Festival da Canción de Eurovisión. En 1993, desaparecido o seu membro máis importante, incorporouse á Unión Europea de Radiodifusión e a súa rede Eurovisión.