Broad Institute of MIT and Harvard

(Redirección desde «Instituto Broad»)

Broad Institute of MIT and Harvard ("Instituto Broad do MIT e Harvard", coñecido tamén pola forma reducida Broad Institute) é unha institución de investigación situada en Cambridge, Massachusetts, (EEUU), dedicada ao estudo da xenómica para as ciencias biomédicas, dirixida por Eric Lander desde au súa fundación en 2004. Trátase dunha organización independente e sen ánimo de lucro, participada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), a Universidade Harvard e os cinco hospitais universitarios desta última universidade.

Broad Institute of MIT and Harvard
Entrada da sede central do Broad Institute
Datos xerais
LocalizaciónCambridge, Massachusetts, EEUU
Datos actuais
ReitorEric Lander
Datos de contacto
Enderezo7, Cambridge Center
Páxina webhttp://www.broadinstitute.org/
Twitter: broadinstitute Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O Instituto Broad xurdiu tras unha década de colaboracións de investigación entre científicos do MIT e de Harvard.[1] Unha das súas pedras angulares foi o Instituto Whitehead do MIT, fundado en 1982, un dos centros máis importantes para o estudo da xenómica e para o Proxecto Xenoma Humano. Desde 1995, os científicos do Instituto Whitehead iniciaran proxectos piloto sobre medicamentos xenómicos, coa formación dunha rede de colaboración non oficial entre novos científicos interesados en enfoques xenómicos do cancro e a xenética humana.

Outro alicerce foi o Instituto de Química e Bioloxía Celular fundado pola Escola de Medicina de Harvard en 1998 para desenvolver a xenética química como disciplina académica.[2] O seu equipamento para a filtraxe xenética (screening) foi un dos primeiros recursos de alto rendemento abertos a todo o mundo académico. Facilitou proxectos de detección de pequenas moléculas a máis de oitenta grupos de investigación de todo o mundo.

Para crear unha nova organización que fose aberta e colaborativa, interdisciplinar e capaz de organizar proxectos a calquera escala, en 2002 e 2003 realizouse a planificación entre os filántropos Eli e Edythe Broad, o MIT, o Instituto Whitehead, a Universidade de Harvard e os hospitais da Universidade de Harvard (en particular o Beth Israel Deaconess Medical Center, o Brigham and Women's Hospital, o Children's Hospital Boston, o Dana-Farber Cancer Institute e o Hospital Xeral de Massachusetts).

Os Broad fixeron unha doazón fundacional de 100 millóns de dólares e o Broad Institute foi inaugurado oficialmente en maio de 2004. En novembro de 2005, os Broad fixeron unha doazón adicional doutros 100 millóns de dólares para o sostemento do Instituto[3] e en setembro de 2008 entregaron unha dotación de 400 millóns de dólares para que o Instituto Broad gozase dun financiamento permanente.[4] Estas doazós son administradas pola Universidade Harvard.[5]

Estrutura orgánica e programas editar

Os programas de investigación do Broad Institute son os seguinets:[6]

As plataformas do Instituto Broad son equipos de científicos profesionais que se centran na descuberta, no desenvolvemento e na optimización de ferramentas tecnolóxicas que investigadores do Instituto e doutras institucións utilizarán para levar a cabo as súas investigacións. As plataformas son as de xenómica, imaxe, perfil ou pegada metabólicos, proteómica, ARNi e terapéutica, e o grupo de proxecto de terapéutica.[7]

Persoal editar

 
Eric Lander, director-fundador do Broad Institute

O persoal do Broad Institute abrangue médicos, xenetistas e biólogos moleculares, químicos e computacionais. O equipo director, encabezado polo científico Eric Lander, componse de dez membros principais, cuxos laboratorios se atopan principalmente na sede do propio instituto, e 135 membros asociados, con laboratorios principais nalgunha das universidades ou nos hospitais.[8]

Localización editar

 
Fachada do edificio do Broad Institute en Cambridge, Massachusetts

A primeira localización do Broad Institute foi no número 320 de Charles Street, en Cambridge, Massachusetts. En febreiro de 2006, unha parte do instituto foi trasladada a un novo edificio situado no número 7 de Cambridge Center, lindeiro co Instituto Whitehead para Estudos Biomédicos. Este edificio de sete pisos contén non só zonas de laboratorio, senón tamén espazo para [ oficinas], ademais dun pequeno museo e unha cafetaría.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar