Inocencio Fuciños Quintás
Inocencio Víctor Fuciños Quintás Pita, nado en Melide o 28 de xullo de 1853 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1933, foi un industrial, banqueiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1853 Melide, España |
Morte | 19 de febreiro de 1933 (79 anos) Melide, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | industrial , banqueiro , político |
Familia | |
Fillos | Sabino Fuciños Buján, Jesús Fuciños Buján |
Traxectoria
editarFillo de José Fuciños Miguélez Pita. Formouse traballou co ebanista de Santiago de Compostela, Urbano Anido, mentres estudaba na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Traballou de administrador da fábrica de curtidos de Furelos. Continuador da Casa de Pita, fundada polo seu pai, foi titular dunha banca en Melide e correspondente do Banco de España. Foi o promotor da instalación da electricidade en Melide, inaugurada en 1909.
Vinculado ao Partido Liberal, foi concelleiro de Melide e alcalde en varias ocasións durante a Restauración e na ditadura de Primo de Rivera; foi o primeiro alcalde da II República. Finou en Melide o 19 de febreiro de 1933, sendo alcalde e presidente da Mancomunidade de concellos de Melide, Toques e Santiso.[1]
Predecesor: Solitario Gontán Otero |
Alcalde de Melide 1919 - 1920 |
Sucesor: Jesús Landín Segade |
Predecesor: Jesús Landín Segade |
Alcalde de Melide 1920 - 1921 |
Sucesor: Jesús Landín Segade |
Predecesor: Jesús Landín Segade |
Alcalde de Melide 1923 |
Sucesor: José Mosteiro Guntín |
Predecesor: José Mosteiro Guntín |
Alcalde de Melide 1923 - 1924 |
Sucesor: César Rodríguez Carril |
Predecesor: Avelino Núñez Ulla |
Alcalde de Melide 1931 - 1933 |
Sucesor: Sabino Fuciños Buján |
Recoñecementos
editarUnha rúa de Melide leva o seu nome.
Vida persoal
editarCasou con María Francisca Buján García en 1877, e foi pai de Isidro, Dámaso, Presentación, José María, María Elisa, Sabino, Jesusa Presentación, Carmen, Socorro, Jesús, Manuela, Mercedes e Inocencio Fuciños Buján.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Ideal Gallego, 21-2-1933, p. 4, 8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fuciños Gómez, Xosé Domingos (1997). "Alcaldes titulares de Melide. Relación cronolóxica 1900-1995;". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide. (10): 32–33.
- Fuciños Gómez, Xosé Domingos (1997). "Semblanza de Inocencio Fuciños Quintás". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide. (10): 34–40.