César Rodríguez Carril

César Rodríguez Carril foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaCésar Rodríguez Carril

Traxectoria editar

Fillo dunha familia de propietarios de Arzúa. Avogado en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Melide tomando posesión o 29 de marzo de 1924. Cesou no cargo en 1925. Foi presidente da Mancomunidade de Concellos de Melide, Santiso e Toques en 1927.[1] Na República foi membro da Junta de Partido da Unión Regional de Derechas polo concello de Arzúa,[2] e foi nomeado secretario da URD de Arzúa en febreiro de 1934.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Subdelegado de Orde Público de Arzúa en setembro; en outubro era 1º tenente de alcalde, e foi alcalde en decembro.[4] Volveu ser nomeado alcalde de Arzúa en febreiro de 1942, tomando posesión o 21 de febreiro.[5][6] Renunciou ao cargo en novembro dese mesmo ano.[7]

Recoñecementos editar

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Notas editar

  1. BOP A Coruña, 15-9-1927, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 27-7-1932, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 7-2-1934, p. 8.
  4. BOP A Coruña, 10-12-1936, p. 3.
  5. El Pueblo Gallego, 25-2-1942, p. 5.
  6. El Correo Gallego, 27-2-1942, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 25-11-1942, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Predecesor:
Inocencio Fuciños Quintás
 
Alcalde de Melide

1924 - 1925
Sucesor:
Manuel Salgado Codesido
Predecesor:
Francisco Trillo Castiñeiras
 
Alcalde de Arzúa

1936 - 1937
Sucesor:
Manuel Fernández Rúa
Predecesor:
Juan Raposo Lamas
 
Alcalde de Arzúa

1942
Sucesor:
Ricardo Costoya Núñez