Juan Raposo Lamas
Juan Raposo Lamas, nado en Arzúa en 1910 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1999, foi un funcionario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Arzúa, España |
Morte | 22 de novembro de 1999 (88/89 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Melide | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , político |
Traxectoria
editarFillo de Ramón Raposo Rivadulla e Carmen Lamas Rey. Fundador de Falange en Arzúa en agosto de 1935 e xefe das milicias de Falange. Aprobou as oposicións para secretario de xulgado municipal en maio de 1936.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado de Orde Pública de Arzúa. Presentou unha denuncia ante o xuíz de instrución municipal contra o alcalde republicano Juan Manuel Vidal García o 2 de agosto, que pé ao procedemento xudicial. Foi nomeado polo alcalde Jesús Souto Vilas oficial primeiro interino do Concello o 6 de agosto e logo de que fose cuberta a praza foi nomeado oficial segundo de secretaría o 24 de setembro. Foi xefe local de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.[2] Foi nomeado alcalde de Arzúa en decembro de 1940.[3] Foi destituído do cargo polo gobernador civil en febreiro de 1942.[4][5] Volveu ser nomeado alcalde en 1944, permanecendo no cargo durante uns meses. Despois foi secretario do xulgado de Pontedeume,[6] oficial do de Lugo desde onde se trasladou ao xulgado número 3 da Coruña en 1967,[7] e finalmente ao de Santiago de Compostela.[8] Finou na Coruña o 22 de novembro de 1999.[9]
Predecesor: Juan Pérez González |
Alcalde de Arzúa 1940 - 1942 |
Sucesor: César Rodríguez Carril |
Predecesor: Francisco García |
Alcalde de Arzúa 1944 |
Sucesor: Manuel Fernández Rúa |
Vida persoal
editarCasou con María de los Dolores Pampín García, que finou en 1985, e foi pai de María Teresa, María Rosa e María Victoria Raposo Pampín.[10]
Notas
editar- ↑ El Compostelano, 9-5-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-3-1940, p. 9.
- ↑ El Correo Gallego, 3-12-1940, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-2-1942, p. 7.
- ↑ El Compostelano, 11-2-1942, p. 2.
- ↑ BOP A Coruña, 20-12-1944, p. 4.
- ↑ El Progreso, 24-5-1967, p. 4.
- ↑ La Noche, 21-11-1967, p. 10.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-11-1999, p. 85.
- ↑ La Voz de Galicia, 19-9-1985, p. 57.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2007). "Unha nova ollada á represión franquista en Galicia: Motivacións e extracción social dos represores. O caso de Arzúa" (PDF). Semata 19: 221–239. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016.
- Lanero Táboas, Daniel (2008). "Unha aproximación á conformación dos poderes locais en Galicia. Arzúa entre a II República e a protoinstitucionalización do réxime franquista (1931-1937)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 171–194. ISBN 978-84-9887-000-8.