Illas Salvaxes

arquipélago macaronésico portugués no Atlántico Norte
(Redirección desde «Illas Selvagens»)

As Illas Salvaxes (Ilhas Selvagens en portugués) son un conxunto de illas pertencentes ó arquipélago de Madeira. Este conxunto de illas encóntrase constituído por tres illas principais e varios illotes, situado no Atlántico setentrional, e situadas entre as illas de Madeira (das que distan 280 quilómetros) e as illas Canarias (a 165 quilómetros). Formado por dous grupos principais, no do norte está a Salvaxe Grande (Selvagem Grande): de forma aproximadamente rectangular, ten quilómetro e medio de longo por quilómetro e medio de ancho na súa parte máis ancha, con costas moi escarpadas o que dificulta o acceso a ela. O grupo do suroeste está formado por dúas illas pequenas Selvagem Pequena e Ilhéu de Fora, así como varios illotes. A distancia entre ambos os grupos é de 15 quilómetros. A superficie total do arquipélago é de 273 hectáreas (2,73 km²).

Modelo:Xeografía físicaIllas Salvaxes
Imaxe
Tipoarquipélago
territorio disputado Editar o valor en Wikidata
Parte deMacaronesia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSé, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°08′47″N 15°51′52″O / 30.1463, -15.86439
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude163 m Editar o valor en Wikidata
Superficie2,73 km² Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data31 de xaneiro de 2017
Identificador6217

Politicamente forma parte de Madeira, dependente de Portugal. Desde un punto de vista xeobiolóxico, pertencen á rexión Macaronésica (do grego, "afortunadas"), formada por cinco arquipélagos, de orixe volcánica, que de norte a sur son: Azores, Madeira (con Porto Santo, Illas Salvaxes e Illas Desertas), Canarias e Cabo Verde.

Recoñecemento territorial

editar
 
Illa Salvaxe Grande

España non recoñeceu formalmente a posesión das illas por Portugal durante algún tempo. Isto pódese observar nun oficio do Ministerio de Negocios Estranxeiros, datado de 23 de xullo de 1881, que dicía:

Dos antecedentes que existen no Ministerio de Estado en Madrid, dedúcese claramente que non está determinado se a soberanía da illa pertence a España ou a Portugal.

En 1911 España comunicou a Portugal que ía montar un faro nas illas pero se chegou a un acordo entre España e Portugal para evitar calquera acto que puidese obstaculizar o lograr unha solución amigable. En 1929 o contraalmirante Gago-Coutinho declara que as illas pertencen a Portugal e en 1938 foi emitido por unha Comisión Permanente de Dereito Marítimo Internacional un ditame en favor de Portugal.

Doutra banda, España négase a recoñecer ás devanditas illas o dereito a posuír unha zona económica exclusiva ao considerar que non cumpren as condicións do Dereito do Mar establecidas na Conferencia de Montego Bay. A día de hoxe segue sen haber acordo respecto diso entre España e Portugal sobre se deben xerar mar territorial como demanda España ou ZEE como afirma Portugal [1][2][3]

A poboación redúcese a un grupo de gardas, pertencentes ao CVN (Corpo de Vixilantes da Natureza) portugués.

En 1971 creouse a Reserva Natural das Illas Salvaxes (galardoada co Diploma Europeo polo Consello de Europa), que é unha das Reservas Naturais máis antigas de Portugal; forma parte do Parque Natural de Madeira.

En setembro de 2014, dous activistas pertencentes ao grupo político Alternativa Nacionalista Canaria permaneceron varios días sen permiso nas illas (ás que accederan cunha autorización temporal), onde despregaron unha bandeira da súa formación e unha pancarta na que se podía ler: "As augas canarias non son españolas nin portuguesas. Non á extracción de petróleo". A protesta estaba relacionada coas prospeccións de petróleo que ía realizar nas Canarias a empresa española Repsol. Finalmente, os activistas foron apreixados e trasladados a Funchal para seren sancionados administrativamente.[4]

En setembro de 2016, o Instituto Portugués do Mar e a Atmosfera (IPMA) instalou unha estación meteorolóxica nas Illas Salvaxes, que algúns sectores en España consideran algo así como unha fronteira virtual camuflada. España desconfía desta medida porque considera que pode afectar o control efectivo das súas augas territoriais e, como consecuencia disto, pode bater cos intereses pesqueros canarios.[5]

Flora e fauna

editar

As Illas Salvaxes posúen máis de 150 especies de plantas diferentes, estando consideradas como un santuario ornitolóxico.

Historia

editar

As Illas Salvaxes foron descubertas en 1438 por Diogo Gomes de Sintra, casualmente ao regreso a Portugal desde Guinea.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar