Illa Unión
A illa Unión é a máis meridional da illas Granadinas, pertencentes a San Vicente e as Granadinas. Está situada a 90 quilómetros ao suroeste de Barbados e as illas de Carriacou, a parte continental de Granada pódese ver cara ao sur.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Granadinas | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Granadinas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Granadinas (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar Caribe | |||
Características | ||||
Altitude | 93 m | |||
Dimensións | 1,5 () × 4,5 () km | |||
Superficie | 8 km² | |||
Clifton e Ashton son as dúas cidades principais. A illa é o fogar de aproximadamente 3.000 habitantes..[1] O idioma oficial é o inglés, pero tamén se fala por parte dalgúns comerciantes de Clifton francés e alemán.
A illa ten un aeroporto internacional que realiza voos nacionais a San Vicente e as Granadinas e os voos internacionais a Barbados, Carriacou, Granada e Martinica. As compañías aéreas que voan á illa da Unión non son membros da IATA e os seus itinerarios non serán visibles en todas as axencias de viaxes rexionais, só pódense realizar voos durante o día, xa que non existen luces na pista.
Xeografía
editarDebido á súa silueta volcánica, tamén é chamado o Tahití das Indias Occidentais. A illa ten aproximadamente 3 quilómetros de longo e 1 milla de ancho. Ao redor das illas están os Caios de Tobago, Mayreau, Illa Palm e Pequeno San Vicente. O pico máis alto é o Monte Parnaso ou Parnassus que se atopa a 304 metros sobre o nivel do mar.
A illa ten un clima semi-árido, os seus outeiros non son o suficientemente altos como para precipitar a choiva. Durante a estación seca, de decembro / xaneiro a xuño, a única fonte de auga na illa é a auga almacenada durante a tempada de choivas (xuño-decembro).
Historia
editarLogo dos colonos orixinais, os arauacos e caribes, a illa estivo en posesión de Franceses e Ingleses comerciantes de escravos e os propietarios das plantacións. Estes trouxeron centos de africanos á illa, na súa maioría de Nixeria, Camerún, Angola e Ghana. O algodón é un importante cultivo de exportación. O algodón importado da Illa Sea aínda pode ser atopado na illa. Un bo exemplo pódese ver no complexo Bougainvillia xunto ao Club Náutico de ancoraxe no Porto de Clifton.
Cando se aboliu a escravitude, a xente aínda vivía da agricultura e a pesca. Como resultado, moitos dos homes foron ó mar para traballar para manter ás súas familias. A Illa Unión foi o centro dalgúns disturbios políticos na década de 1970 cando un grupo de residentes mostráronse a favor da secesión de San Vicente e as Granadinas, e a fusión con Granada, o veciño do sur. A insurrección foi sufocada polas forzas do goberno de San Vicente e as Granadinas.
O Corpo de Enxeñeiros do Exército dos Estados Unidos pasou a maior parte dun ano traballando na illa de Unión e completou un novo peirao de Gardacostas e un oficina terreste na boca do porto de Clifton.
A illa quedou devastada en xullo de 2024, co paso do furacán Beryl.[2]
Notas
editar- ↑ "St Vincent and the Grenadines, Population and Housing Census Preliminary Report". The Census Office, SVG Government. Consultado o 31 de decembro de 2015.
- ↑ ""El 90% de la isla fue borrada": el devastador recorrido del huracán por el Caribe en su camino a México". BBC News Mundo (en castelán). 2024-07-03. Consultado o 2024-07-04.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio Oficial da Illa Unión Arquivado 31 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina oficial Radio Grenadines Arquivado 28 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- Travel guide of Union Island with street map of the town
- Páxina oficial do Tobago Cays Marine Park
- Friends of Union Island - información xeral
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Unión |