Os Caios de Tobago (en inglés: Tobago Cays) son un arquipélago integrado por cinco pequenas illas deshabitadas situadas ao sueste do mar Caribe; pertencen administrativamente a San Vicente e as Granadinas e xeograficamente ao conxunto de Illas chamadas Granadinas.

Caios de Tobago
Vista aérea dos caios
Situación
País San Vicente e as Granadinas
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas12°38′N 61°21′O / 12.633, -61.350Coordenadas: 12°38′N 61°21′O / 12.633, -61.350
Demografía
PoboaciónDeshabitados

Están situados na parte sur das Granadinas. Forman parte do Parque Mariño dos Caios de Tobago (Tobago Cays Marine Park) un parque nacional e de protección da vida salvaxe; son illas próximas á Unión, Mayreau e Canouan.

Os Caios de Tobago son agora o elemento clave do Tobago Cays Marine Park dirixido e propiedade do goberno de San Vicente e as Granadinas. O parque mariño consta dunha lagoa co fondo de area 5´7 km² que engloba os cinco caios, a illa habitada de Mayreau e o arrecife de Horseshoe de 4 km. O Parque Mariño foi listado como un ecosistema significativo rexionalmente no marco do Protocolo SPAW en decembro de 2014.[1]

Os complexos máis extensos e ben desenvolvidos de arrecife de coral en San Vicente e as Granadinas atópanse en estratos pouco profundos ao redor dos lados sinuosos de Mayreau e das Illas da Unión e dos propios Caios. Ademais, os principais tipos de vexetación inclúen vexetación de praia e bosque seco. Con excepción dun pequeno mangleiro en Petit Rameau e un estanque de sal en Mayreau, non hai humedais nos Caios.

Os principais usuarios da zona son: cruceiros (estímasen 50.000 visitantes cada ano dos que 10.000 visitan os Caios); iates (un estimado de 3.000 iates ancoran na lagoa cada ano); charters diarios (de hoteis próximos); mergulladores deportivos e esnorqueles e afeccionados á pesca.

Illas Integrantes editar

 
Tobago Cays Marine Park, vista aérea
  • Petit Rameau
  • Petit Bateau
  • Baradol
  • Petit Tobac
  • Jamesby

Están deshabitadas e son un popular destino turístico.

Turismo editar

Polo seu grande atractivo turístico as illas son visitadas por cruceiros, iates e diversas embarcacións, que trasladan aos visitantes a gozar da beleza do lugar.

Historia editar

As illas de Mayreau e os Caios de Tobago estiveron baixo propiedade privada polo menos desde o século XVI ata o 12 de abril de 1999, cando os Caios foron adquiridos despois de longas negociacións polo estado de San Vincente e as Granadinas. As compras limitáronse ás cinco illas dos Caios, mentres que a illa máis grande de Mayreau permaneceu en mans privadas.   En 1985, o Goberno de San Vincente e as Grenadinas (GOSVG) solicitou axuda da Organización dos Estados Americanos (OEA) para desenvolver o turismo dentro das Granadinas. Isto levou a unha proposta detallada para a formación dun 'Tobago Cays National Park' cos custos iniciais de investimento estimados en 1 millón de dólares USA (Heyman 1988).

En 1987, a División de Pesca estableceu os Caios de Tobago como unha "área de conservación", xunto con outras nove áreas, na que estaba prohibida a pesca. O límite rectangular desta área incluía a totalidade de Mayreau, Caios e a maioría dos arrecifes de coral, pero era lixeiramente menor que a zona agora designada como parque mariño. Tamén se sinalou (ECLAC, 2002; IJA, 2004a) que a Lei de pesca de 1986 só prevía a designación de reservas mariñas, non áreas de conservación.

Notas editar

  1. "Parties decided to adopt the listing under SPAW of 13 additional protected areas at COP 8 - CAR-SPAW-RAC". Regional Activity Centre for SPAW. SPAW-RAC. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2019. Consultado o 30 December 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar