Pequeno San Vicente
Pequeno San Vicente (Petit St. Vincent), coñecido localmente como PSV, é unha illa de San Vicente e as Granadinas situada a 60 km. ao sur de San Vicente na illas Granadinas. É a illa máis meridional de San Vicente e as Granadinas. Toda a illa funciona como un complexo de luxo, con 22 vilas de luxo dun e dous dormitorios, e forma parte da cadea mundial de Small Luxury Hotels desde xullo de 2013.[1]
Pequeno San Vicente | |
---|---|
Vista da illa | |
Situación | |
País | San Vicente e as Granadinas |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 12°32′N 61°23′O / 12.533, -61.383Coordenadas: 12°32′N 61°23′O / 12.533, -61.383 |
Xeografía | |
Superficie | 0´46 km² |
Longura máxima | 1´2 km |
Largura máxima | 573 m. |
Perímetro | 3´6 km. |
Punto máis alto | 83 m. Marni Hill |
Demografía | |
Capital | Petite Saint Vincent Resor |
Poboación | 130 empregados |
Localización
editarPetit St. Vincent atópase na latitude 12.32 norte e lonxitude 61.23 Oeste na parte sur da cadea de illas Granadinas, ao norte de Carriacou e Pequena Martinica e o sur de Illa Palm e Illa Unión.
Xeografía
editarPSV está rodeado de dúas millas (3´6 km) de praias de area branca. No interior, o terreo componse de suaves outeiros e bosques tropicais, no medio dos cales construíuse o complexo. O punto máis alto da illa está en Marni Hill ao noroeste da illa, que ten 83 m. sobre o nivel do mar. As Granadinas son máis secas e máis quentes que San Vicente, ao norte, coa temperatura diaria media de entre 29° e 30° durante todo o ano, debido á proximidade da cadea de illas ao ecuador.
Historia
editarA illa é de propiedade privada, e funciona como un Resort. En 1963 Haze Richardson e Doug Terman alugaron o seu iate, Jacintaa, ao Sr. H. W. Nichols, Jr. e familia. Durante este cruceiro de tres semanas, o Sr. Nichols expresou o seu interese na compra dunha illa e a construción dun pequeno hotel. Richardson e Terman concentraron a súa procura na cadea de illas Granadinas, finalmente compraron Petit Saint Vincent a unha muller de Petit Martinique. Os dous homes supervisáron a construción d resort no nome de Nichols, que pediu Richardson permanecer como xerente. Richardson aceptou esta oferta e nunca saíu da illa, converténdose en dono logo da morte de Nichols en 1985.
Richardson morreu nun accidente de natación en Costa Rica en 2008. A súa esposa, Lynn Richardson, seguiu administrando o complexo ata novembro de 2010, cando anunciouse que a illa vendérase aos socios comerciais Phil Stephenson e Robin Paterson. Stephenson investiu fortemente na remodelación do resort, e baixo a xestión do equipo de marido e muller de Mateo e Anie Semark, a illa incluíuse no seleto grupo de pequenos hoteis de luxo do mundo en xullo de 2013.
Galería
editarNotas
editar- ↑ "Petit St Vincent Joins Small Luxury Hotels of the World". Hotel Interactive. 22 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pequeno San Vicente |