A illa Assateague (en inglés: Assateague Island [1]) é unha illa estadounidense de 60 km de lonxitude situada fronte á costa oriental dos estados de Maryland e Virxinia.[2] É coñecida polos seus rabaños de cabalos salvaxes, praias prístinas e o faro de Assateague. A illa tamén contén numerosos pantanos, baías e calas, incluíndo Toms Cove.[3] Hai pontes de acceso de vehículos desde Maryland e Virxinia, aínda que non hai estrada que percorra toda a illa.

lIla Assateague
Assateague Island
Cabalos salvaxes na illa
Vista aérea da illa.
Situación
PaísEstados Unidos
EstadoMaryland
Virxinia
Xeografía
XeoloxíaMarítima
Superficie63,21 km²

A illa ten unha superficie de 63,21 km² e non ten poboación residente, nin en Maryland nin en Virginia, aínda que algúns conservaron os dereitos de propiedade (principalmente campos de caza) até 2006.

Espazo natural protexido editar

Tres axencias ocúpanse da preservación do medio ambiente nesta illa considerada polas Nacións Unidas como unha reserva de biodiversidade. Desde 1943, o Chincoteague National Wildlife Refuge, en Virxinia, estivo implicado na preservación do hábitat natural dos animais e, en particular do ganso das neves. Tamén en Virxinia, a Assateague Island National Seashore foi fundada en 1965 para preservar a illa e organizar actividades recreativas. Finalmente, en Maryland, o Assateague State Park persegue os mesmos obxectivos.

A illa tamén contén moitas marismas, baías e calas. Hai varias pontes desde Maryland e Virxinia, pero a estrada non permite percorrer toda a lonxitude norte/sur da illa.

Cabalos salvaxes editar

A illa alberga unha colonia coñecida como "cabalo Assateague" en Maryland e o "poni Chincoteague" en Virxinia. Son descendentes de cabalos domésticos que volveron ao estado salvaxe e cuxos especialistas coinciden en que redescubriron todos os comportamentos que caracterizaban aos seus antepasados ​​antes da domesticación. Segundo a tradición, proveñen do naufraxio dun galeón de conquistadores casteláns. Probas de ADN parecen confirmar esa hipótese, segundo publicou en xullo o Museo de Florida[4] e un estudo revisado por pares na revista Plos One.[5]

Outra fauna editar

Moitas poboacións de aves habitan a illa, en particular de aves mariñas como o ostreiro americano, a garza azul e a garza nevada. Hai máis de 320 especies rexistradas para habitar a illa durante parte do ano, incluíndo gaivotas, carráns e outras aves costeiras, rapaces, etc. O Charadrius melodus é unha especie de carádrido en perigo de extinción que aniña en Assateague.

Poboación editar

A illa non ten poboación residente en Maryland ou Virxinia, aínda que algúns conservaron os dereitos de propiedade até a década de 2000.

Turismo editar

Na illa hai varias rutas de sendeirismo máis ou menos longas. O parque estatal é a zona máis desenvolvida da illa con 350 cámpings.

Na cultura popular editar

A trama do episodio 18, tempada 1, da serie de televisión Bones transcorre na illa.

A raza de cabalos da illa, nomeada Chingoteague, fíxose famosa pola serie de novelas Misty of Chincoteague escritas por Marguerite Henry a partir de 1947.[6]

Galería editar

Notas editar

  1. "Assateague Island". Mapcarta (en inglés). Consultado o 2022-08-03. 
  2. Kenney, Nathaniel T. "Watermen's Island Home", National Geographic, Index (1980), vol 157 (xuño de 1980): 812.
  3. GMCO Maps & Charts. GMCO's Fishing & Recreation Map of Chincoteague-Assateague, Virxinia, 2003.
  4. "Oldest DNA from domesticated American horse lends credence to shipwreck folklore". Florida Museum (en inglés). 2022-07-27. Consultado o 2022-08-03. 
  5. Delsol, Nicolas; Stucky, Brian J.; Oswald, Jessica A.; Reitz, Elizabeth J.; Emery, Kitty F.; Guralnick, Robert (2022-07-27). "Analysis of the earliest complete mtDNA genome of a Caribbean colonial horse (Equus caballus) from 16th-century Haiti". PLOS ONE (en inglés) 17 (7): e0270600. ISSN 1932-6203. doi:10.1371/journal.pone.0270600. 
  6. "La leyenda del galeón español que llevó caballos a una isla americana es cierta". es.noticias.yahoo.com (en castelán). Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar