Ilarion Rudnyk (en ucraíno: Іларіон Рудник), nado como Roman Mykolaiovych Rudnyk (en ucraíno: Роман Миколайович Рудник) o 14 de febreiro de 1972 en Lviv (R.S.S. de Ucraína), é un eclesiástico ortodoxo ucraíno, dende 2008 bispo de Edmonton e do Canadá occidental da Igrexa ortodoxa de Constantinopla.

Infotaula de personaIlarion Rudnyk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Lviv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónKyiv Theological Seminary (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Roman Rudnyk naceu o 14 de febreiro de 1972 en Lviv. Logo de completar a súa educación secundaria, estudou no Seminario Teolóxico de Kíiv, do que se graduou en 1992. Coa recomendación do arcebispo Vsevolod Maidanskyi e a beizón do patriarca Bartolomeu I, Roman trasladouse entón a Grecia para continuar os seus estudos teolóxicos na Universidade de Tesalónica, da que se licenciou en 1997.

O 5 de decembro de 1997 Roman foi tonsurado monxe, tomando o nome monástico de "Ilarion". O 21 de decembro do mesmo ano foi ordenado diácono polo metropolita Panteleimon Rodopoulos. Tres anos máis tarde foi ordenado sacerdote. Posteriormente cursou un mestrado en Dereito canónico, e en 2002 foi destinado a unha parroquia no Porto.

O 21 de marzo de 2004 foi elevado ao rango de arquimandrita polo Sínodo da Igrexa ortodoxa de Constantinopla, e o 11 de xuño de 2005 nomeado bispo, co título de Telmessos, para asistir ao metropolitano de España e Portugal Epifanios Perialas. Recibiu a consagración episcopal en Istambul o 29 de xaneiro de 2005.

O 21 de outubro de 2008 foi nomeado bispo de Edmonton e do Canadá occidental. Foi entronizado como bispo de Edmonton na catedral de San Xoán de Edmonton o 26 de outubro de 2008.

O 7 de setembro de 2018, no contexto da preparación da concesión de autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína, foi nomeado como exarca do patriarca Bartolomeu I en Kíiv.[1][2][3]

Notas editar

  1. "Russian Synod calls Constantinople's actions non-canonical and threatens with payback" (en inglés). Religious Information Service of Ukraine. 8 de setembro de 2018. Consultado o 17/10/2018. [...] announcing the appointment of two hierarchs of this Church, Archbishop Daniel of Pamphilon (USA) and Bishop Hilarion of Edmonton (Canada) as "exarch" of the Constantinople Patriarchate in Kyiv. 
  2. "Ecumenical Patriarchate sends Legates to Ukraine" (en inglés). Ecumenical Patriarchate Permanent Delegation to the World Council of Churches. 7 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21/10/2018. Consultado o 18/10/2018. [...] the Ecumenical Patriarchate has appointed as its Exarchs in Kiev His Excellency Archbishop Daniel of Pamphilon from the United States, and His Grace Bishop Ilarion of Edmonton from Canada [...] 
  3. "Ecumenical Patriarchate appoints exarchs in Kyiv". LB.ua (en inglés). 7 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2018. Consultado o 18/10/2018.