Abrir o menú principal
Vista da fachada posterior.

A igrexa de Sant Joan del Mercat ou Església dels Sants Joans (en galego Igrexa dos Santos Xoanes) é unha das igrexas máis antigas da cidade de Valencia, situada fronte a Llotja de la Seda e á beira do Mercat Central. Monumento Histórico-Artístico dende 1942, erixiuse a partir de 1240 sobre o solar onde había primeiro unha mesquita. A causa dos incendios reedificarase durante o século XIV en estilo gótico, e reformarase completamente durante os séculos XVII e XVIII, feito que lle conferiu o aspecto barroco actual. En 1936 padeceu un novo incendio. Agora se atopa en proceso de restauración.

Índice

Emprazamento e denominaciónEditar

 
Igrexa de Sant Joan dentro da Praza del Mercat.

A fachada de diante de Sant Joan del Mercat mira cara a placa de la Ciutat de Bruxas, e a de atrás á plaça del Mercat, xusto enfronte da extraordinaria Llotja de la Seda, monumento Patrimonio da Humanidade. A beira sur do templo mira á rúa vell de la Palla e ao Mercat Central. Segundo Joan Francesc Mira (p. 82-84), os tres edificios, Sant Joan del Mercat, Llotja de la Seda e Mercat Central, forman un dos conxuntos artísticos máis excepcionais da cidade. A beira nordeste da igrexa sae ao canellón de Llutxent e o noroeste á praciña da Comunió de Sant Joan.

Chámase oficialmente Església dels sants Joans (Igrexa dos Santos Xoanes), por atoparse baixo a advocación dos santos Xoán Evanxelista e Baptista. Ademais, popularmente coñécese coo Sant Joan del Mercat (San Xoan do Mercado). O engadido del Mercat deriva do feito que en Valencia cidade hai outra igrexa homónima, la de Sant Joan de l'Hospital, tamén bastida durante o século XIII sobre o solar dunha antiga mesquita.

Época gótica, 1311-1592Editar

 
Vista da fachada, co rosetón cegado

Despois de ser mesquita en tempos dos musulmáns, cara o 1240, xa en tempos de Jaume I, comezou a edificación dunha modesta ermida extramuros, na barriada da Boatella. En 1311 incendiouse e refixo de novo, até tomar a estrutura gótica que hoxe en día aínda conserva, aínda que moi cambiada polos engadidos barrocos posteriores. Despois da construción da muralla en 1365 por Pere el Cerimoniós, a igrexa queda intramuros, case no belo centro da Ciutat Vella.

Da estrutura gótica orixinal só se conserva a disposición típica do estilo gótico mediterráneo ou gótico catalán, cunha soa nave con capelas laterais entre contrafortes. Tamén resta un grande rosetón cegado, coñecido como O de Sant Joan, que nunca se chegou a abrir, pode ser por falta de cartos ou porque que afundiuse toda la fachada dianteira. Tamén son góticos dous arcos oxivais na fachada norte e unha xanela redonda no corpo inferior da torre campanario. En 1592 incendiase por segunda vez, feito que motivou unha reestruturación que se prolongou durante máis dun século. En 1702 a igrexa tomou definitivamente a actual fisionomía barroca.

Engadidos recentesEditar

Ao comezo da Guerra Civil, en 1936, a igrexa sufriu o terceiro incendio na súa historia. O retablo maior e algunhas estatuas desapareceron e as pinturas de Palomino quedaron ennegrecidas. Na actualidade a igrexa atópase en fase de restauración. Despois da limpeza da fachada posterior e das estatuas do interior, pretendese recuperar o inmenso fresco de Palomino e tornarlle o esplendor orixinal, despois dunha nefasta restauración desta levada a termo en 1960.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Mira i Casterà, Joan Francesc: València per a veïns i visitants. Bromera, Col·lecció Grans Obres, Alzira. Segona edició, maig del 2007, planes 82-84.

Ligazóns externasEditar