Mercado Central de Valencia
O Mercado Central (en valenciano Mercat Central) de Valencia é unha construción de estilo modernista, proxectada polos arquitectos Alexandre Soler i March e Francesc Guàrdia i Vial en 1914, ámbolos dous formados na Escola de Arquitectura de Barcelona e colaboradores de Lluís Domènech i Montaner, que fixo o Palau de la Música Catalana e que se caracterizou por un estilo propio dentro das liñas do modernismo.
Mercado Central de Valencia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | mercado cuberto ![]() | |||
Parte de | Plan Nacional de Patrimonio Industrial ![]() | |||
Estilo | Modernismo valenciano e arquitectura ecléctica ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | provincia de Valencia | |||
Comarca da Comunidade Valenciana | Comarca de València | |||
Concello | Valencia ![]() | |||
Código postal | 46001 ![]() | |||
Enderezo | Plaza del Mercado, 5. Valencia ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1914 ![]() | |||
Inauguración | novembro de 1928 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 9.124,14 m² e 16.886 m² ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Concello de Valencia ![]() | |||
Arquitecto/a | Francesc Guàrdia i Vial (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 2 de maio de 2007 | |||
Identificador | RI-51-0008309 | |||
Codi IGPCV | 46.15.250-046[1] ![]() | |||
| ||||
Ben Inmoble de Etnoloxía | ||||
Identificador | 79 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | mercadocentralvalencia.es ![]() | |||
[ Wikidata ] |

O proxecto do Mercado Central da Cap i Casal pretendía conciliar o uso das grandes estruturas de ferro espido co estilo Art Nouveau. Despois dalgunhas desconveniencias e dalgunhas modificacións ao proxecto inicial, as obres acabaron no xaneiro de 1928, so a dirección de Enric Viedma i Vidal.
Este mercado sitúase entre a Plaça del Mercat (fachada principal) e a de Ciutat de Bruges. A rúa Vell de la Palla separa o mercado da Igrexa de Sant Joan del Mercat. Pola outra beira do mercado está a rúa de Palafox, a praza d'en Gall e a rúa de les Carabasses.
A Praza do Mercat
editarA Plaça del Mercat é unha das prazas máis singulares e coñecidas da cidade de Valencia, xa que onda tres dos monumentos máis famosos da cidade: o modernista Mercat Central (s. XX), a tardogótica Llotja de la Seda (s. XV) co seu Consolat de Mar renacentista (XVI), e a parte barroca da igrexa de Sant Joan del Mercat (s. XVII). Pese a esta mestura de estilos, Joan Francesc Mira opina que "no se sap com, els tres edificis fan l'efecte de ser exactament com han de ser i ocupar el lloc que han d'ocupar, un davant o al costat de l'altre, com si haguera estat i haguera de ser sempre així" (non se sabe como, os tres edificios fan o efecto de seren exactamente como teñen que ser e ocupando o lugar que teñen que ocupar, un diante ou á beira do outro, como se fose ou debese ser sempre así).
Antecedentes do Mercado Central
editarAntes da construción do Mercado Central (1914-28), a Plaça del Mercat servía coma espazo de mercado ao aire libre para a cidade. Durante o século XIX a praza ampliouse co derrubamento do convento das Magdalenes, pero até o 1914, non se comezou a construción do edificio cuberto do Mercado Central.
Foi a final do século XIX, co auxe das ideas hixienistas e da burguesía, cando as autoridades municipais suscitaron a necesidade de faceren un mercado pechado. Este mercado debería ter grandes dimensións, para o cal foi preciso mercar e derrubar algunhas vivendas para reunir un terreo duns 8.000 m2.
Estilo ecléctico e modernista
editarO edificio podería definirse como de estilo ecléctico modernista, combinando a tradición construtiva catalá e a primeira arquitectura do ferro e o aceiro. A planta irregular adaptada na forma da parcela que ocupa conta con dous espazos: o mercado propiamente dito (6.800 m²) e a peixaría (1.700 m²), con carreiros rectos e longos atravesados por dúas vías amplas.
As cubertas presentan teitos inclinados e dúas innovadoras cúpulas, unha para a peixaría, e outra para o mercado. Na parte alta desta segunda cúpula hai un cataventos de ferro: a Cotorra del Mercat que, segundo como sopra o vento, fala ou mira outro cataventos, o Pardalot de Sant Joan, que se atopa na veciña igrexa homónima.
A armadura para cubrir de aceiro laminado con piares unidos entre si por arcos remite ás grandes arquitecturas industriais do ferro, como as da Estació del Nord ou o Mercat de Colom. Os muros perimétricos, que só teñen función de pechamento, presentan zócolos cerámicos policromados na súa base, persianas metálicas e azulexos de reflexo dourado na parte superior, e pedra nos cantóns e nas portadas.
Catedral da luz
editarSegundo Joan Francesc Mira, o Mercado Central é como unha catedral inmensa e luminosa, para inundación continua de claridade que intensifica as cores da mercadoría. É un espazo de amplos carreiros interiores dedicados á venda de todo tipo de alimentos, onde a clientela non se empurra nin se apiña porque o espazo é ben grande, e o balbordo se esvaece cara ás alturas.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercado Central de Valencia |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Mira i Casterà, Joan Francesc: València per a veïns i visitants. Bromera, Col·lecció Grans Obres, Alzira. Segona edició, maig del 2007, planes 82-84.
- Sanchis Guarner, Manuel: La Ciutat de València. Ajuntament de València, València. Cinquena Edició 1989, plana 568.