Llotja de la Seda

A Lonxa da Seda (en valenciano Llotja de la Seda, Llotja de València ou Llotja de Mercaders) é un edificio civil de estilo gótico tardío da cidade de Valencia, construído entre o 1482 e o 1548. Se hai un edificio que simbolice a puxanza e a riqueza do século de ouro valenciano (século XV), este é sen dúbida a Lonxa. É unha mostra do alcance da revolución comercial durante a Baixa Idade Media, do desenvolvemento social e do prestixio conseguido pola burguesía valenciana.

Modelo:Xeografía físicaLlotja de la Seda
(ca) Llotja de la Seda Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipolonxa Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaValencia, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°28′28″N 0°22′42″O / 39.4744, -0.3783
Características
Dimensións17,4 (altura) × 35,6 (ancho) × 21,39 (lonxitude) m
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1996 (20ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador782
Ben de interese cultural
IdentificadorRI-51-0000968
Codi IGPCV46.15.250-081[1] Editar o valor en Wikidata

Un fito arquitectónico

editar

A construción da Llotja, popularmente chamada llonja[2], no País Valenciano e nas Illas Baleares, interpretouse como o resultado da prosperidade comercial conseguida por Valencia no século XV, como un símbolo do poder da cidade para atraer aos comerciantes, nun momento no que xa se divisaban tempos difíciles para a economía local derivados do descubrimento de América e o conseguinte desprazamento do comercio do Mediterráneo cara ao Atlántico.[3]

As lonxas de comercio na Coroa de Aragón construíanse seguindo o mesmo esquema: unha sala de planta rectangular sostida por columnas. A de Valencia foi precedida pola Lonxa de Barcelona (1380-1392), a Lonxa de Palma (1420-1448) e algún exemplo siciliano non demasiado coñecido. Entre 1541 e 1551 érguese a Lonxa de Zaragoza do mesmo tipo, mais xa de estilo renacentista. Considerando que o esquema arquitectónico era sempre o mesmo, os xurados de Valencia insistiron na beleza do edificio.

Superar a lonxa de Barcelona non era difícil, xa que as solucións arquitectónicas daquela quedaran anticuadas para os mestres picapedreiros de finais do século XV. O que era un reto era superar a espléndida lonxa de Mallorca de Guillem Sagrera, un dos grandes mestres da arquitectura gótica mediterránea. Esta foi a xenial tarefa de Pere Comte[4].

A Lonxa é, a fin de contas, o resumo das investigacións arquitectónicas realizadas, principalmente por Pere Comte, ao longo do século de ouro valenciano.

 
Vista exterior
 
Pati dels Tarongers

Patrimonio da Humanidade

editar
Artigo principal: Patrimonio da Humanidade.

Monumento Nacional dende 1931[5], a UNESCO declarou a Llotja de la Seda Patrimonio da Humanidade o 5 de decembro de 1996[6] coma un exemplo totalmente excepcional dun edificio secular en estilo gótico tardío, que ilustra de xeito espléndido o poder e a riqueza dunha das grandes cidades mercantís do Mediterráneo, sendo considerada coma un dos máis brillantes exemplos do gótico civil europeo. As fachadas rectangulares de pedra picada, os suntuosos medallóns renacentistas, as artísticas esculturas e gárgolas, as perfectas proporcións das portas e fiestras, dos escudos e das ameas, lembran o esplendor do gótico tardío valenciano. Sitúase no mesmo corazón da cidade (barrio do Mercat), diante da plaça del Mercat, cualificada por numerosos cronistas como un escenario colorista e ruidoso dotado dunha sensualidade moi especial[7].

It is a masterpiece of late Gothic architecture. The grandiose Sala de Contratación (Contract or Trading Hall), in particular, illustrates the power and wealth of a major Mediterranean mercantile city in the 15th and 16th centuries. [...] the site is of outstanding universal value as it is a wholly exceptional example of a secular building in late Gothic style, which dramatically illustrates the power and wealth of one of the great Mediterranean mercantile cities.
UNESCO, 5 de decembro de 1996Declaración como Patrimonio da Humanidade

Casa ilustre para o bo comercio

editar

En só quince anos (1483-1498), Pere Comte e os seus axudantes foron capaces de rematar a Sala de Contractació, corpo principal do edificio. Así consta nunha franxa azul que percorre a parte máis alta dos catro muros, que proclama en letras douradas sobre un fondo escuro[8] a seguinte inscrición en latín (por duplicado, unha primeira vez sobre os muros sur e oeste, e unha segundo sobre os do norte e o leste):

 
Primeira frase da inscrición latina do Saló Columnari

Elementos que a compoñen

editar
 
Praza da Llotja de la Seda

O edificio adáptase a un terreo rectangular. Ao sur mira cara á Plaça del Mercat, ao oeste cara a rúa dels Cordellats, ao norte cara a rúa de la Llotja, e ao leste cara rúa de Pere Comte. Diante mesmo atópanse o Mercat Central e a igrexa de Sant Joan del Mercat.

Vista dende a Plaça del Mercat, a parte dereita do edificio corresponde á lonxa propiamente dita, tamén coñecida como a Sala de Contractació ou o Saló Columnari (1483-1498); á súa esquerda alzase a torre central (1483-1498), de tres corpos, empregados para a capela (o corpo de abaixo) e prisión (as dúas superiores). Aínda máis á esquerda está o corpo de tres andares do Consolat de Mar, que se engadiu posteriormente (1498-1548). O Pati dels Tarongers articula as tres zonas do edificio, que ocupan máis de dous mil metros cadrados en total[9]

Para erguer a lonxa, Pere Comte inspirouse na lonxa de Palma, feita por Guillem Sagrera en 1448, o cal, á súa vez, inspirárase probablemente na aula capitular do Convento de Sant Doménec de Valencia, de comezos do século XIV.

A llotja de València, porén, presenta unha medida e unha ornamentación máis grande que a mallorquina. A de Valencia destaca pola riqueza da decoración flamíxera nas xanelas, polas portas monumentais con arcos conopiais e polas pequenas esculturas e as 28 gárgolas, decotío con escenas satíricas ou obscenas. Ademais, hai profusión de escudos cos catro paus do Rei de Aragón, entre os que destacan o da Sala de Contractació e, sobre todo, os que se atopan nos cantóns das prazas do Mercat e do Doctor Collado, rodeados de anxos.

 
Sala Capitular do Convento de Sant Doménec. Presenta catro columnas exentas. Data de 1310-1320
 
Lonxa de Palma. Presenta seis columnas exentas. Data de 1426 a 1448
 
Lonxa da Seda. Presenta oito columnas exentas. Data de 1482 a 1499

Sala de Contractació ou Saló Columnari

editar

A Sala de Contractació, realizada entre 1483 e 1498, divídese en tres naves lonxitudinais (de 35,6 m de fondo) e cinco naves transversais (de 21,4 m de ancho), con bóveda de crucería (a unha altura de 17,4 m)[10] sostida por oito columnas helicoidais e dezaseis pilastras do mesmo tipos que sosteñen as bóvedas. Das columnas helicoidais, de 11 metros de alzada, saen feixes de nervios que se estenden sobre tramas cadradas á mesma altura e son case bóvedas esféricas. Esta xeometría esférica permite a multiplicación de nervios e de claves; os nervios forman unha dobre retícula por tramo reforzada con nervios diagonais en cada cadrado. As claves chegan ao número de nove por tramo.

 
Sala de Contractació
 
Teito da sala
 
Entrada principal á sala

A torre inacabada

editar
 
Torre da Lonxa, o remate da cal presenta unha cor máis clara

A torre da Lonxa, construída á vez que a Sala de Contractació é cuadrangular e, máis ou menos, un terzo máis alta que o resto do edificio. O restaurador Josep Aixa engadiulle as ameas que hoxe día presenta, entre 1885 e 1902 inspirándose nas cubertas ameadas da Sala de Contractació e do Consolat de Mar.

O Pati dels Tarongers

editar

Outro dos elementos da Lonxa é o seu xardín, chamado Pati dels Tarongers (Patio das Laranxeiras), ao cal se accede a través da porta de poñente da Sala de Contractació, chea de detalles escultóricos sorprendentes. É un espazo tranquilo e relaxante que conta con diversas laranxeiras e cipreses e cun lavadoiro en forma de estrela de oito puntas, que evoca o que había anteriormente.

O Consolat de Mar

editar
 
Escaleira de acceso ao Consolat de Mar

Á esquerda do Pati dels Tarongers atópase o Consolat de Mar, institución creada no 1283 onde os xuíces ou os cónsules de comercio celebraban sesións sobre asuntos marítimos e mercantís. Comezando por Pere Comte, retomado trala súa morte en 1506 por Joan Corbera e finalizado en 1548 polo guipuscoano Domingo Urtiaga, este consulado é de planta rectangular e de estilo renacentista e foi literalmente encostado ao costado oeste da lonxa orixinal. Segundo Sanchis Guarner, o Consolat, cunha profusa e graciosa decoración bastante italianizada, convive en feliz matrimonio coa gótica Sala de Contractació[11].

 
Teito da Cámara Dourada do Consolat
 
Detalle do teito da Cámara Dourada
 
Detalle da fachada do Consolat (plaça del Mercat)

Escultura

editar

A Llotja reúne unha espléndida colección de escultura medieval. Impostas, orlas, capiteis, anxos sustentadores ou gárgolas foron labradas por escultores de moi distinta procedencia, como Laurencius da Picardía (Francia) e Rolandus e Johan de Kassel (Alemaña), entre outros.

Sátira e obscenidade

editar

Os detalles escultóricos da Llotja de la Seda, presentes nas portas, xanelas e gárgolas do edificio, son extraordinariamente deliciosas e cheas de bo humor. Abondan as escenas satíricas e as obscenas[12], como se pode observar nas imaxes de máis abaixo.

 
Gárgola. Home tocándose o pene medio erecto
 
Porta. Home axeonllado e cagando
 
Fiestra. Home co pene erecto
 
Gárgola. Muller tocándose a vaxina
 
Porta. Paxaro picando o cu dun home

Heráldica

editar

Dentro da gran variedade temática da escultura da Llotja cabe destacar as representacións heráldicas do símbolo real da Coroa de Aragón, e da Cidade e Reino de Valencia, isto é, o sinal coñecido tradicionalmente como as catro barras. O escudo máis vello e coñecido é o que presenta un escudo real portado por dous anxos e situado no cantón entre a Plaça del Mercat e a rúa de Pere Comte.

O segundo escudo máis coñecido é un da cidade no canto entre as rúas da Llotja e de Pere Comte (praça do Doctor Collado), que mostra, ademais, unha inscrición co inicio das obras (1483), onde di:

La noble ciutat i leal de Valencia ab cor [voluntat] de acabar la mia excellencia me ha començat a cinch de Febrer del any que corrent se comta en ver MCCCCLXXXIII [1483]
 
Escudo real (plaça del Mercat)
 
Escudo municipal con inscrición (praza do Doctor Collado)

A Plaça del Mercat

editar

Segundo Joan Francesc Mira a praza do Mercat, formada pola Llotja de la Seda, o Mercat Central e Sant Joan del Mercat, "é un dos órganos esenciais do corpo desta cidade". A praza do Mercado foi construída por Pere Comte, que edificou a lonxa gótica a finais do XV; polos xenoveses (ou milaneses) Alipandri e Bertassi, que engadiron o recubrimento barroco da igrexa de Sant Joan del Mercat a finais do XVIII; e polos arquitectos barceloneses Alexandre Soler March e Francesc Guàrdia i Vial, que construíron o modernista Mercat Central a comezos do XX; e aínda así, "no se sap com, els tres edificis fan l’efecte de ser exactament com han de ser i ocupar el lloc que han d’ocupar, un davant o al costat de l’altre, com si haguera estat i haguera de ser sempre així" (non se sabe como, os tres edificios fan o efecto de ser exactamente como teñen que ser e ocupando o lugar que teñen que ocupar, un diante ou á beira do outro, como se fose ou debese ser sempre así).

 
Igrexa de Sant Joan del Mercat
 
Mercat Central
 
Llotja de la Seda

O nome que recibe o edificio de Lonxa da Seda deriva do feito que este téxtil foi dende o século XIV ao XVIII a industria máis potente da cidade. No XIV xa había sedeiros locais, maioritariamente xudeus, e máis tarde conversos, agrupados no 1465 na confraría da Mare de Déu de la Misericòrdia, baixo a advocación da cal está a capela da Llotja construída entre 1484 e 1486.

  1. "Inventario General del Patrimonio Cultural Valenciano". 
  2. Segundo o Català-Valencià-Balear[Ligazón morta] en Valencia e Mallorca pronúnciase "Llonja". Joan Coromines tamén di que a forma castelá lonja deriva do catalán dialectal "llonja", que se di en Valencia e Mallorca.
  3. As lonxas de Barcelona e Mallorca tamén se van construír cando as súas economías comezaban a decaer.
  4. La Llotja dels Mercaders. Un museo virtual de arquitectura gótica mediterránea Arquivado 20 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
  5. (en castelán) www.patrimonio-humanidad.com, Lonja de la Seda [1] Arquivado 28 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  6. (UNESCO.
  7. Díez Arnal, Llotja de la Seda
  8. (en castelán) María José Carballar, Monumentos Valencia [2]
  9. (en castelán) www.spain.info, Lonxa da Seda [3] Arquivado 04 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  10. Hernández Úbeda, Luis (coord.), p. 122.
  11. Sanchis Guarner, p. 241.
  12. Sanchis Guarner, p. 195.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Coromines, J. (1973): Breve diccionario etimológico de la lengua castellana. Gredos, Madrid.
  • Història del País Valencià, Furió, Antoni (1985): València, Edicions Alfons el Magnànim, Generalitat Valenciana.
  • Joan Fuster (1971): Viatge pel País Valencià. Barcelona, Edicions 62.
  • Hernández Úbeda, Luis (coord.) (1996): Conocer Valencia a través de su arquitectura. València, Col·legi Oficial d’Arquitectes de la Comunitat Valenciana i Ajuntament de València.
  • Mira i Casterà, Joan Francesc (2007): València per a veïns i visitants Alzira, Bromera, Col·lecció Grans Obres.
  • Münzer, Hieronymus (1495): Itinerarium sive peregrinatio per Hispaniam, Franciam et Alemaniam. Madrid, 1991, Ediciones Polifemo.
  • Ponz, Antonio (1971): Viage de España, o Cartas en què se da noticia de las cosas más apreciables y dignas de saberse, que hay en ella Madrid.
  • Sanchis i Guarner, Manuel (1989): La ciutat de València València, Ajuntament de València.

Ligazóns externas

editar