Igrexa de San Xurxo de Sofía

A Igrexa de San Xurxo (búlgaro: Ротонда „Свети Георги“, Rotonda "Sveti Georgi") é unha antiga rotonda de ladrillo vermello da Antigüidade tardía en Sofía, Bulgaria. Construída ao principio do Século IV como unhas termas romanas, converteuse en igrexa dentro das murallas de Serdica, capital da antiga Dacia Mediterránea durante o Imperio Romano e o Imperio Bizantino. A igrexa é considerada a edificación máis antiga da Sofía moderna e pertence á Igrexa Ortodoxa Búlgara.

Igrexa de San Xurxo de Sofía
PaísBulgaria
Coordenadas42°41′49″N 23°19′22″L / 42.696861, 23.322861Coordenadas: 42°41′49″N 23°19′22″L / 42.696861, 23.322861
DioceseSofia Eparchy
EstiloArquitectura paleocristiá
editar datos en Wikidata ]
Antiga calzada romana.

A edificación, formada por unha cúpula cilíndrica sobre unha base cadrada, é coñecida polos frescos dos séculos XII, XIII e IV que contén na cúpula central. Tres capas de frescos foron descubertas, a máis antiga data do século X. Magníficos frescos de 22 profetas foron pintados durante o período Otomán, cando a edificación fóra usada como mesquita, mais descubertos e restaurados no século XX.[1]

Historia e arquitectura editar

Frescos baixo a cúpula da Igrexa de San Xurxo, Sofía.

A igrexa está localizada no patio entre o Hotel Balkan e o edificio Presidencial, a moi poucos metros das modernas rúas da capital. Considérase o edificio máis antigo da cidade, construída no tempo cando Sofía era residencia dos emperadores Galerio e Constantino I o Grande.

A igrexa forma parte dun complexo arqueolóxico máis grante. Detrás do apse, hai ruínas antigasː unha sección dunha rúa Romana, cimentos dunha basílica grande e algúns edificios máis pequenos.

Interior da igrexa.

Durante o dominio Otomán no século XVI, a igrexa converteuse en mesquita. Na metade do século XIX, a rotonda, xunto coa Igrexa de Santa Sofía e a Mesquita de Sofía (hoxe o Museo Arqueolóxico Nacional) foi abandonada polos musulmáns. Pouco tempo despois, a Igrexa Ortodoxa Búlgara reclamaría o seu uso como igrexa cristiá.

A pesar do seu pequeno tamaño, a igrexa é similar á da Rotonda de Galerio en Tesalónica. Polo seu espírito da Antigüidade tardía e o medievo búlgaro, a igrexa de San Xurxo ten un impacto cultural enorme.

En ocasións excepcionais, a igrexa é utilizado para cerimonias militares solemnes e concertos de música clásica e ortodoxa.

Notas editar

  1. "Rotonda de Sveti George en BulgariaTravel". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 

Ligazóns externas editar