Igrexa de San Nicolao de Portomarín
A igrexa de de San Nicolao de Portomarín, denominada antigamente igrexa de San Xoán de Malta, é unha igrexa-fortaleza construída entre os séculos XII e XIII situada en Portomarín[1].
Igrexa de San Nicolao de Portomarín | ||||
---|---|---|---|---|
Portomarín ![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Parte de | Camiño de Santiago francés na provincia de Lugo ![]() | |||
Estilo | arquitectura románica ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | diocese de Lugo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Portomarín ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Identificador | RI-51-0000712-00000 | |||
| ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 669-696 | |||
Fontes e ligazóns | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Descrición
editarÉ un templo dunha única, mais esvelta nave de cinco tramos, destes, o máis próximo á cabeceira está cuberto con bóveda de crucería e o resto está cuberto con bóveda de canón apuntada. Os diversos tramos quedan separados entre si por arcos faxóns que descansan en columnas embebidas. A ábsida, semicircular, cóbrese cun cuarto de esfera, mentres que o tramo recto que a precede leva bóveda de canón.
A igrexa recibe a iluminación a través de dous rosetóns, un na fachada occidental e outro sobre o arco que da acceso a ábsida, ademais de fiestras abertas en cada un dos tramos e na ábsida.
No exterior, a igrexa destaca polo seu aspecto de fortaleza, xustificado pola situación estratéxica que ocupa ó longo do río Miño, destinada a ser castelo da Orde de San Xoán de Xerusalén, á vez que igrexa. De tal xeito, presenta unha torre de cada unha das esquinas da nave, conectados entre si polo adarve ó longo de todo o perímetro rematado en ameas, ó igual que as torres.
O edificio probablemente comezouse a finais do século XII ou nos inicios do século XIII e terminouse no primeiro cuarto do século XIII[2].
Portais
editarO carácter sólido e severo das liñas arquitectónicas contrastan coa rica decoración dos seus tres portais: o principal na fachada occidental, os outros dous abertos cara ó norte e ó sur no cuarto tramo da nave.[2]
A Portada posúe un tímpano no que se contemplan os 24 anciáns da Apocalipse arredor do Cristo Pantocrátor. Na porta que da ó norte podemos ver no tímpano a Anunciación e ademais pódense ver figuras de sereas, seres con corpo de ave e cabeza humana. Na porta sur aparecen tres figuras humanas, o bispo San Nicolao e dous homes que suxeitan o báculo e o libro[1].
Traslado
editarO templo, xunto coa portada románica da igrexa de San Pedro, trasladouse ao crearse no cumio do monte do Cristo o novo poboado de Portomarín en 1962 por mor da construción do encoro de Belesar.[1]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da igrexa de San Nicolao de Portomarín.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Iglesia fortaleza de San Nicolás de Portomarín Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., na web Vive la Naturaleza.com (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Iglesia de San Juan o de San Nicolás de Portomarín. Centro Virtual Cervantes (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Nicolao de Portomarín |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Portomarín: Iglesia de San Juan o de San Nicolás, Centro Virtual Cervantes (en castelán).
- Iglesia de San Nicolás, no blog de Cidre Portomarín (en castelán).