Ignacio Gutiérrez Müller

Ignacio Gutiérrez Müller, nado en Rosario (Arxentina) o 19 de xullo de 1986, é un xogador de rugby, máis coñecido como Nacho Müller. Xoga nas posicións de apertura, centro ou zagueiro, e é internacional coa Selección de rugby de España dende o 3 de febreiro de 2007[1], tamén ten defendido as cores da Selección de rugby de Galicia cando xogaba no Vigo Rugby Club.[2]

Modelo:BiografíaIgnacio Gutiérrez Müller
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Rosario, Arxentina Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Na súa idade infantil xogou no Sporting de Mar del Plata, na Arxentina. Con 15 anos chegou a Galicia co seu irmán Alejandro (tamén xogador, un ano e medio máis novo) e uníronse ó Vigo Rugby Club. Xa no seu primeiro ano no equipo vigués gañaron a liga xuvenil.[3] Nos seguintes anos Nacho Müller pasou por tódalas categorías inferiores da selección española, dende sub-17 a sub-20.

No ano 2007 asinou un contrato co Club de Rugby El Salvador para xogar por vez primeira na División de Honra, debutando fronte o FC Barcelona.[4] Co equipo chamizo acadou o campionato de liga na tempada 2007-08 e o subcampionato na tempada 2008-09, así como o subcampionato na Copa do Rei en 2008. Ademais das competicións nacionais, co CR El Salvador Nacho Müller competiu na European Challenge Cup (2ª competición continental de clubs) xogando 10 encontros, 6 deles na tempada 2007-08 (4 como titular) e outros 4 encontros na tempada 2008-09 (os 4 como titular).[5]

En 2009 os dous irmáns Gutiérrez Müller mudáronse ó outro equipo de Valladolid, o Valladolid RAC, equipo no que xogan actualmente.[6] Con este equipo Nacho Müller gañou a Copa do Rei en 2010, e foi finalista en 2011. Ó mesmo tempo, en 2009 foi chamado para disputar a European Challenge Cup defendendo nun só encontro (como suplente) as cores do Olympus XV, equipo creado pola FER para competir nese torneo.[7]

No verán de 2011, despois do ascenso a División de Honra do Vigo Rugby Club por primeira vez na súa historia, falouse da volta de Nacho Gutiérrez Müller ó seu antigo equipo, pero finalmente non foi tal, xa que o xogador renovou o seu contrato co conxunto quesero.[8]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar