Ida Tarbell

xornalista estadounidense

Ida Minerva Tarbell, nada en Hatch Hollow (Pensilvania) o 5 de novembro de 1857 e finada en Bridgeport (Connecticut) o 6 de xaneiro de 1944 foi unha escritora, xornalista de investigación, biógrafa e conferenciante estadounidense. Foi unha das líderes do sensacionalismo da era progresista de finais do século XIX e principios do XX.[1]

Infotaula de personaIda Tarbell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1857 Editar o valor em Wikidata
Condado de Erie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Bridgeport, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTitusville (pt) Traducir
Woodlawn Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónAllegheny College (en) Traducir
Poland Seminary (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , historiadora , biógrafa , escritora , investigative journalist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiFranklin Sumner Tarbell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Tarbell-2 Find a Grave: 1017 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada en Pensilvania no comezo do boom do petróleo, Tarbell é especialmente coñecida polo seu libro de 1904 The History of the Standard Oil Company.[2] Os libros foron publicados como unha serie de artigos en McClure's Magazine entre 1902 e 1904. Esta obra mestra do xornalismo de investigación provocou a disolución da Standard Oil como monopolio e deu lugar á Clayton Antitrust Act.[3] O libro tamén impulsou a Hepburn Act en 1906 para supervisar os ferrocarrís, a Mann-Elkins Act (1910) que deu á Interstate Commerce Commission poder sobre as tarifas do ferrocarril e a creación da Federal Trade Commission (FTC) en 1914.[3]

Tarbell tamén escribiu biografías durante a súa carreira de sesenta e catro anos. Escribiu sobre Madame Roland e Napoleón Bonaparte. Cría que "a Verdade e os motivos dos seres humanos poderosos podería descubrirse. Esta Verdade, convenceuse Tarbell, podería expresarse de xeito que precipitase cambios sociais significativos".[1] Escribiu numerosos libres e obras sobre Abraham Lincoln incluíndo algunhas que se centraban nos seus primeiros anos e na súa carreira. Tralo seu traballo sobre a Standard Oil, escribiu biografías sobre os homes de negocios Elbert H. Gary, director de U.S. Steel, e de Owen D. Young, presidente de General Electric.

Escritora e conferenciante prolífica, Tarbell foi célebre por investigar temas complexos: a industria do petróleo, os aranceis, as prácticas laborais, e levalos a artigos informativos e doados de entender. Estes artigos foron publicado en McClure’s Magazine e The American Magazine e moitos dos seus libros foron populares entre o público estadounidense. Tras unha carreira de éxito como escritora e editora para McClure’s Magazine, comprou e editou The American Magazine.Tarbell tamén viaxou polos corenta e oito estados formando parte do circuíto de conferencias e como voceira de temas como as maldades da guerra, a paz mundial, a política estadounidense, os trusts ou a muller.

Tarbell formou parte de organizacións profesionais e serviu en dous comités presidenciais. Durante a primeira guerra mundial serviu no Comité de Mulleres do presidente Woodrow Wilson e trala guerra na conferencia sobre desemprego de 1921 do presidente Warren G. Harding. Axudou tamén a crear a Authors’ League e foi presidenta do Pen and Brush Club durante trinta anos.

Tarbell, que nunca casou, foi feminista polas súas accións, mais mantivo puntos de vista sobre o sufraxio feminino que crearon controversia e poden apanar o seu legado.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Weinberg, Steve (2008). Taking on the Trust: The Epic Battle of Ida Tarbell and John D. Rockefeller. W.W. Norton & Co. p. xiv. ISBN 978-0-393-04935-0. 
  2. "Ida Tarbell". Biography. 
  3. 3,0 3,1 Conway, J. North (1993). American literacy : fifty books that define our culture and ourselves (1st ed.). Nova York: William Morrow & Company. pp. 207–211. ISBN 0688119638. OCLC 27380188. 
  4. Weinberg, Steve (2008). Taking on the trust : the epic battle of Ida Tarbell and John D. Rockefeller (1st ed.). Nova York: W.W. Norton. pp. 260–273. ISBN 9780393049350. OCLC 154706823. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brady, Kathleen. Ida Tarbell: Portrait of a Muckraker (2004)
  • Goodwin, Doris Kearns. "The Bully Pulpit: Theodore Roosevelt, William Howard Taft, and the Golden Age of Journalism." Nova York: Simon & Schuster, 2013.
  • Kochersberger Jr., Robert C., ed. More Than a Muckraker: Ida Minerva Tarbell's Lifetime in Journalism, The University of Tennessee Press, 1995 – recompilación de artigos
  • Limerick, Patricia, and Brian Black. (27 de febreiro de 2002). "Country forgets an old Big Oil lesson, and Enron results", USA TODAY, p. A.13.
  • McCully, Emily Arnold. Ida M. Tarbell The Woman Who Challenged Big Business and Won. Nova York: Clarion Books, 2014.
  • Randolph, Josephine D. "A Notable Pennsylvanian: Ida Minerva Tarbell, 1857-1944," Pennsylvania History (1999) 66#2 pp 215–241, breve biografía
  • Serrin, Judith and William. Muckraking! The Journalism that Changed America, Nova York: The New York Press, 2002.
  • Somervill, Barbara A. Ida Tarbell: Pioneer Investigative Reporter Greensboro, nc : M. Reynolds., 2002
  • Weinberg, Steve Taking on the Trust: The Epic Battle of Ida Tarbell and John D. Rockefeller (2008)

Ligazóns externas editar