Iago Herrerín

futbolista español

Iago Herrerín Buisán, nado en Bilbao o 25 de xaneiro de 1988, é un futbolista vasco de orixe galega, que xoga de porteiro no Valencia, da Primeira División.

Iago Herrerín
Información persoal
Nome Iago Herrerín Buisán
Nacemento 25 de xaneiro de 1988
Lugar de nacemento Bilbao
Altura 1,87 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Valencia
Número 1
Carreira xuvenil
2000–2002 Castro
2002–2003 Sestao
2003–2005 Danok Bat
2005–2006 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Basconia 8 (0)
2007Barakaldo (cedido) 18 (0)
2007–2010 Bilbao Athletic 87 (0)
2010–2012 Atlético de Madrid B 75 (1)
2012–2021 Athletic Club 56 (0)
2012–2013Numancia (cedido) 34 (0)
2016–2017Leganés (cedido) 21 (0)
2021–2022 Al Raed 13 (0)
2022– Valencia 0 (0)
Selección nacional
2019– País Vasco 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de abril de 2023.
Selección: actualizado a 19 de abril de 2021.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inicios en Cantabria e Biscaia editar

Naceu no Hospital de Basurto de Bilbao, de pai vigués, e criouse en Castro Urdiales desde os cinco anos.[1] Nesta localidade cántabra comezou a formarse ata que en 2002 iniciou a súa formación en equipos de Biscaia.[2][3] Primeiro pasou pola canteira do Sestao River e, tras unha tempada, entrou na canteira do Danok Bat bilbaíno, onde permaneceu dúas tempadas.[4][5] En 2005 fichou polo equipo xuvenil do Athletic Club e, á tempada seguinte, ascendeu ao segundo filial do Athletic, o Basconia. No segundo filial estivo media tempada, disputando a outra metade de tempada no Barakaldo. O club cedeuno, en xaneiro de 2007, como parte do traspaso de Unai Alba ao Athletic Club. Na tempada 2007-08, subiu ao Bilbao Athletic. Na súa primeira tempada compartiu os minutos con Raúl Fernández, co que xa coincidira no Basconia e no xuvenil. Tras a marcha deste foi o porteiro titular do filial nas seguintes dúas tempadas, chegando a participar na pre tempada do primeiro equipo.[6]

Atlético de Madrid B editar

En 2010 decidiu non renovar co Athletic, xa que non contaba coa confianza do adestrador Joaquín Caparrós.[7] O técnico andaluz apostou pola volta de Raúl tras a retirada de Armando para ascender ao primeiro equipo. Finalmente decidiu aceptar a oferta que lle presentou José María Amorrortu para asinar polo Atlético de Madrid B, onde completou dúas tempadas como titular e algunha convocatoria co primeiro equipo.[8] Mesmo, o 8 de xaneiro de 2011, foi capaz de marcar un gol ao Xetafe B cun disparo desde a súa portaría.[9][10]

Cesión ao Numancia editar

En xullo de 2012 a dirección deportiva do Athletic Club, encabezada por Amorrortu, decidiu ofrecerlle un contrato de dúas tempadas para que regresase despois de non renovar o seu anterior contrato co club madrileño. Con todo, inmediatamente saíu cedido ao CD Numancia, onde foi titular por diante de Biel Ribas.[11] En 2013, coa chegada de Ernesto Valverde, incorporouse definitivamente ao Athletic e foi Raúl o que marchou ao club soriano.[12][13]

Athletic Club editar

O 23 de agosto de 2013, con Iraizoz lesionado, debutou como porteiro do Athletic Club nun triunfo contra Osasuna (2-0).[14] O partido xogouse en Anoeta porque o novo estadio de San Mamés non estaba aínda dispoñible. Tamén foi titular no primeiro partido do novo estadio, disputado o 16 de setembro, ante o Celta de Vigo (3-2).[15] Na súa primeira tempada, Ernesto Valverde apostou por darlle a titularidade na Copa e optou por Iraizoz para a liga. Na súa segunda tempada, ademais de na Copa, foi o elixido para disputar os partidos da Europa League.[16] O 30 de maio xogou a final da Copa do Rei, onde, a pesar de render a gran nivel, acabou con derrota por 3-1 ante o FC Barcelona.[17] A súa actuación en semifinais, ante o RCD Espanyol, fora decisiva para chegar á final.[18] O 17 de agosto conseguiu o seu primeiro título, a Supercopa de España, aínda que non disputou ningún dos dous partidos.[19] Finalizou a tempada 2015-16 disputando 24 partidos, 16 deles de Europa League. Foi un dos mellores xogadores do equipo durante toda a competición europea.[20] Nos oitavos de final, ante o Valencia, realizou unha intervención decisiva a Paco Alcácer nos minutos finais.[21] En cuartos de final, ante o Sevilla, foi elixido no once ideal da xornada, aínda que non puido deter ningún lanzamento na quenda de penaltis.[22] Na tempada 2016-17, a competencia aumentou coa chegada de Kepa Arrizabalaga. Finalmente, foi elixido como titular na Europa League.[23]

Cesión ao Leganés editar

O 30 de novembro anunciouse a súa cesión ao CD Leganés en substitución do lesionado Serantes.[24] O 18 de decembro sufriu a súa primeira expulsión como profesional, contra a SD Eibar, cando impactou con Takashi Inui nun lance do xogo.[25] O 4 de febreiro detivo o seu primeiro penalti en Primeira División, contra Antoine Griezmann, do Atlético de Madrid.[26] Nos seis meses que permaneceu no equipo madrileño foi o titular indiscutible, por diante de Nereo Champagne e Alberto Brignoli, sendo unha paza importante para conseguir a permanencia.[27][28][29]

Volta ao Athletic Club editar

Coa chegada de Ziganda ao banco, foi elixido para ser titular na Europa League 2017-18, onde tivo boas actuacións.[30][31][32] O 16 de decembro xogou o seu primeiro derbi vasco contra a Real Sociedade por lesión de Kepa.[33] O 10 de xaneiro anunciouse a súa renovación ata 2021, en boa parte, debido ás grandes actuacións que estaba asinando na Liga e na Europa League.[34][35][36] O 19 de xaneiro detivo o seu primeiro penalti co equipo vasco, tras un disparo de Jorge Molina no coliseo Alfonso Pérez.[37]

Un día despois da marcha de Kepa ao Chelsea, o 9 de agosto, sufriu unha lesión muscular no brazo dereito que lle impediu participar nos dous primeiros meses de competición.[38] O 21 de outubro regresou á aliñación tras recuperarse da lesión, sendo decisivo no empate visitante ante o SD Eibar (1-1). [39] Tras a destitución de Berizzo un mes despois, Garitano mantívoo no once por diante de Unai Simón.[40] O 7 de xaneiro de 2019 asinou unha asistencia de gol, que completou Iñaki Williams, para darlle a vitoria ao equipo por 1 a 2 en Balaídos.[41] O 3 de marzo, Rodrigo puxo fin á súa racha de 363 minutos sen encaixar ningún gol.[42] O 16 de marzo xogou o seu centésimo partido como porteiro do equipo bilbaíno na vitoria ante o Atlético de Madrid (2-0).[43] Na tempada 2019/20 perdeu a titularidade fronte a Unai Simón, que se converteu no primeiro porteiro do equipo a partir de entón. Disputou o seu último partido co club vasco o 19 de xullo de 2020, contra o Granada no Nuevo Los Cármenes, e non dispuxo de ningún minuto na campaña seguinte.

Al Raed editar

No verán de 2021, despois de acabar o seu contrato co Athletic, fichou polo Al Raed FC, da Liga Profesional Saudita, co que disputou 13 partidos de liga.[44] En xuño de 2022 chegou a un acordo co club para a rescisión do seu contrato.[45]

Valencia editar

En setembro de 2022 asinou contrato co Valencia, club que viña de perder a un dos seus porteiros, Jaume Doménech, por mor dunha lesión de longa duración.[46]

Notas editar

  1. "Herrerín, con Vigo en la sangre" (en castelán). 4 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  2. "Iago Herrerín agradece la confianza de Valverde" (en castelán). 20 de decembro de 2013. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  3. "Iago Herrerín" (PDF). Ahtletic Club (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de setembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  4. "IAGO HERRERIN: "SI REGRESO NO VOLVERA AQUEL NIÑO QUE ESTUVO HACE UNOS AÑOS"" (en castelán). 22 de marzo de 2013. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  5. "Iago Herrerín | Danok Bat". danokbat.eus (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  6. "Ion Vélez pierde peso a los ojos de Caparrós | Mas Futbol | AS.com". As (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  7. "Herrerín: “Soy consciente de que cada partido que juego es un examen”. Deia, Noticias de Bizkaia". Deia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  8. "Iago Herrerín Buisán es el primer refuerzo del Atlético de Madrid B" (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  9. "Iago Herrerín marca de portería a portería - Athletic Club de Bilbao" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  10. "Herrerín: “Me quedé tan sorprendido que casi ni me lo creía”". Mundo Deportivo. 4 de abril de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  11. "El Athletic ficha al portero Iago Herrerín y lo cede al Numancia". Marca (en castelán). 1 de xullo de 2012. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  12. "El Athletic ratifica a Iago Herrerín que regresa en junio". El Desmarque (en castelán). 6 de maio de 2013. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  13. "Raúl Fernández, nuevo portero del Numancia". Marca) (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  14. "El debut de Iago y Saborit - Athletic Club de Bilbao" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  15. "Iago Herrerín: "No queda otra que levantarse"". Marca (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  16. "El Torino deja al Athletic fuera de Europa | europa-league | sport.es". Sport (en castelán). 26 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  17. "Barcelona, campeón de Copa" (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  18. "Espanyol vs Athletic: resumen, goles y resultado - MARCA.com". Marca (en castelán). 3 de marzo de 2015. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  19. San Cristóbal, Ainara (4 de maio de 2017). "Herrerín, a Iraizoz: “En parte, soy portero de Primera por tus consejos”". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  20. "Los goles de Aduriz y las paradas de Herrerín dan el triunfo". Sport (en castelán). 17 de setembro de 2015. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  21. "Europa League: La parada de Herrerín a Alcácer que evitó la clasificación del Valencia - Marca.com". Marca (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  22. "Herrerín, un seguro de vida hasta la tanda de penaltis". Deia (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  23. "Valverde alternará a los tres porteros, Iraizoz, Herrerín y Kepa". Sport (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  24. "Leganés: Iago Herrerín llega cedido al Lega hasta final de temporada - Marca.com". Marca (en castelán). 30 de novembro de 2016. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  25. Sport (18 de decembro de 2016). "La espectacular voltereta de Takashi tras chocar con el portero". Sport (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  26. "Atlético de Madrid vs Leganés: Torres enseña el camino". Marca (en castelán). 2 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  27. "Valencia vs Leganés: El Valencia espanta los fantasmas". Marca (en castelán). 27 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  28. "Liga Santander: Los paradones de Herrerín y Kameni evitaron que Butarque viese goles - Marca.com". Marca (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  29. "Real Sociedad vs Leganés: La Real tropieza en el salto a Europa". Marca. 31 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  30. "Athletic: Herrerín se gana un hueco en el once ideal de la Europa League - Marca.com". Marca (en castelán). 15 de setembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  31. "Östersunds vs Athletic: Un punto increíble". Marca (en castelán). 19 de outubro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  32. "Athletic vs Hertha Berlín: Una feliz remontada". Marca (en castelán). 23 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  33. Ugalde, Iñaki (17 de decembro de 2017). "El derbi vasco acaba sin goles y con muy poco fútbol". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  34. "Athletic: Herrerín renueva hasta 2021 con una cláusula de rescisión de 50 millones - Marca.com". Marca (en castelán). 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  35. "Herrerín hace olvidar a Kepa". As (en castelán). 23 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  36. Rodrigálvarez, Eduardo (11 de xaneiro de 2018). "El Athletic da un paso adelante en el caso Kepa renovando a Herrerín". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  37. "Herrerín, de villano a héroe: provoca dos penaltis y para uno" (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  38. San Cristóbal, Ainara (14 de agosto de 2018). "Athletic: La cuenta atrás de Herrerín". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  39. "Herrerín, tras su vuelta: «Espero seguir teniendo minutos y cogiendo ritmo»". El Correo (en castelán). 21 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  40. "Herrerín: "En el campo hay orden, y la cabeza está igual de amueblada"". Marca (en castelán). 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  41. "Williams sigue su idilio con el gol a domicilio" (en castelán). 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  42. "Neto y Herrerín, a la caza del trono de Oblak". Marca (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  43. "Herrerín celebra su 'centenario' con la puerta a cero" (en castelán). 16 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  44. Pérez, Nacho (30 de agosto de 2021). "Iago Herrerín pone rumbo al Al-Raed SFC" (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  45. "الرائد يخالص هيريرين بالتراضي بين الطرفين" (en árabe). 15 de xuño de 2022. Consultado o 7 de abril de 2023. 
  46. Álvarez, Fernando (28 de setembro de 2022). "Iago Herrerín firma con el Valencia hasta final de temporada". Marca (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar