IX dinastía exipcia
A Novena dinastía do antigo Exipto (IX Dinastía) a miúdo combínase coas dinastías VII, VIII, X e XI temperá baixo o título en grupo de Primeiro período intermedio.[1] A dinastía que parece que suplantou a VIII Dinastía é extremadamente escura. A toma de posesión dos gobernantes de Herakleópolis foi violenta e reflíctese na descrición, que fai Manetón, de Achthoes, o fundador da dinastía, como "máis terrible que os seus predecesores", que "fixo cousas malas para todos os exipcios" .
Exipto Novena Dinastía de Exipto | ||||
| ||||
Capital | Heracleópolis Magna | |||
Lingua | Lingua exipcia | |||
Relixión | Relixión do Antigo Exipto | |||
Goberno | Monarquía absoluta | |||
Historia | ||||
• Establecido | 2160 a.C. |
FaraónsEditar
A IX Dinastía fundouse en Heracleópolis Magna, e a X Dinastía continuou alí. Neste momento Exipto non estaba unificado, e hai algún solapamento entre estas e outras dinastías locais. A información da IX dinastía, conservada é escasa e contraditoria.
- Na Lista Real de Abidos e na Lista Real de Saqqara non se menciona.
- O Canon de Turín lista dezaoito faraóns para esta liña real, pero os seus nomes están danados, non son identificables ou perdéronse.[2]
- Manetón, segundo o epítome de Sexto Xulio Africano, comenta: "... dezanove faraóns de Heracleópolis que gobernaron 409 anos".
- Eusebio de Cesarea escribe laconicamente: "a IX dinastía consistiu en catro soberanos de Heracleópolis, que reinaron cen anos".
A maioría de exiptólogos e historiadores, cos testemuños principais desta época, estiman que só duraría uns cincuenta anos.
A continuación móstrase unha lista "posible" de gobernantes da Novena dinastía baseada no Canon de Turín, xa que os exiptólogos teñen diferentes opinións sobre a orde de sucesión dentro das dúas dinastías. Entre eles, só Meryibre Khety e Nebkaure Khety están testemuñados sen dúbida por achados arqueolóxicos:
Nome | Comentarioss |
---|---|
Meryibre Khety I | O Achthoes de Manetón, un nomarca que se autoproclamou faraón |
[nome perdido] | - |
Neferkare VII | Quizais sexa o Kaneferre mencionado na tumba do nomarca Ankhtifi |
Nebkaure Khety II | Tamén mencionado no conto Historia do labrego elocuente |
Setut | - |
[nome perdido] | - |
Mery[...] | - |
Shed[...] | - |
H[...] | - |
[tres nomes perdidos] | - |
User(?)[...] | - |
Segundo o Canon Real de Turín (4.18 a 4.26) e algúns datos arqueolóxicos.
Lista real de Turín | Nº | Transliteración | Transcrición | Tradución | Nome común | Datos arqueolóxicos e outras fontes | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
4.18 | Jety (?) | Jety I | Eusebio de Cesarea o denominou Actoes | |||||||||||||||
|
4.19 | Merykara (?) | Merykara I | (Fragmento perdido) | |||||||||||||||
|
4.20 | nfr k3 rˁ | Neferkara | Fermoso (é) o espírito (Ka) de Ra | Neferkara III | ||||||||||||||
|
4.21 | ẖt y | Jety | Jety II | |||||||||||||||
|
4.22 | s n n... | Senen... | Senen... | |||||||||||||||
|
4.23 | ẖ t ty... | Jetety (Neferkara) | Hermoso es el Ka de Ra | Jety III | ||||||||||||||
|
4.24 | mry... (rˁ) ẖt y | Jety Mery...ra | Amado... de Ra | Jety IV | ||||||||||||||
|
4.25 | šd...y | Shed...y | Shed...y | |||||||||||||||
|
4.26 | ḥ... | H... | H... |
NotasEditar
- ↑ Shaw, Ian, ed. (2000). The Oxford History of Ancient Egypt. Oxford University Press. p. 480. ISBN 0-19-815034-2.
- ↑ Sir Alan Gardiner, Egypt of the Pharaohs, Oxford University Press, 1961, pp. 112-13.
- ↑ William C. Hayes, in The Cambridge Ancient History, vol 1, part 2, 1971 (2008), Cambridge University Press, ISBN 0-521-077915, p. 996.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: IX dinastía exipcia |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Dinastía precedente | Dinastía | Dinastía seguinte |
---|---|---|
Oitava Dinastía | Novena Dinastía c. 2160 – 2130 a.C. |
Décima Dinastía |